Kenneth Edward Bressett, nado en Keene, Nova Hampshire, o 5 de outubro de 1928, e un escritor e editor numismático estadounidense.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Kenneth Bressett nado en Keene, Nova Hampshire en 1928,Smith, P. (2012). Páxina 57. comezou a interesarse polas moedas na súa infancia, en 1937.Roach, S. (2016) .

En 1947 ingresou na Dresser Business School e despois cursou estudos superiores de Artes Gráficas na Universidade de Wisconsin. O seu primeiro traballo foi como impresor e compositor para a Sentinel Publishing Company, entre 1949 e 1959.

Carreira numismática Bressett afiliouse á American Numismatic Association (ANA) en 1947.

En 1957 comezou a traballar como editor independente no coñecido como Red Book, un célebre catálogo da moeda estadounidense confeccionado e editado por Richard S. Yeoman, e publicado por Whitman Publishing. Yeoman invitárao a colaborar dese xeito, logo de que Bresser o advertira dalgúns erros que detectara no catálogo. En 1959 foi contratado pola compañía como editor axudante, ata que en 1971, logo da xubilación de Yeoman, asumiu o cargo de editor do catálogo."Kenneth E. Bressett Named First Editor Emeritus of the Red Book". En Coins Weekly. 9 de maio de 2018. Ademais de se encargar desta obra, Bressett publicou e foi editor doutros catálogos na mesma editora, entre eles o Blue Book, e entre 1964 e 1968 foi tamén o editor e director do Whitman Numismatic Journal."Bressett, Kenneth". Pikes Peak Library District.

Na década de 1950 comezou tamén a fotografar moedas, entre elas o dólar de 1804, varias moedas da colección de Louis E. Eliasberg e moitos dos centavos grandes utilizados logo por William Herbert Sheldon na súa obra Penny Whimsy. Durante ese tempo, descubriu doce novas variedades de moedas coloniais.Bressett, K. (2021). A Penny Saved: R.S. Yeoman and His Remarkable Red Book. Whitman Pub., Pelham. Páxina 231. ISBN 978-0794849016

Paralelamente, Bressett traballou como consultor numismático para a colección de F. Newell Childs, que máis tarde se vendeu nunha poxa pública por máis de oito millóns de dólares."Classic US Coins. The Sultan of Muscat-Watters-Brand-Childs-Pogue 1804 Dollar ". En Coin Week. 5 de maio de 2016.

En 1980, Bressett cesou a súa vinculación profesional con Whitman Publishing para traballar en Kagin's Numismatic Investment Corp, en Des Moines, Iowa, entre 1981 e 1982, como vicepresidente e consultor numismático.

Entre 1982 e 1988 incorporouse profesionalmente á American Numismatic Association (ANA); primeiro como director da axencia de certificación da entidade —ANACS— (1982-1984), logo como director de autenticación de moedas e programas educativos (1985-1988); despois como vicepresidente (1989-1994) e, finalmente, presidente da ANA (1995-1997)."ANA Presidents 1891 to the Present". American Numismatic Association.Bowers, Q. D. (1991). The American Numismatic Association Centenial History. 2 volumes. Bowers & Merena Galleries. Wolfeboro. ISBN 978-0943161297 Xunto co editor Abe Kosoff, foi tamén responsable das normas oficiais de clasificación de moedas dos Estados Unidos da American Numismatic Association, publicadas por primeira vez en 1977.

No bienio 1989-1990 incorporouse á compañía Premier Coin Investments, de Apple Valley, Minnesota, como vicepresidente e director de servizos numismáticos.

O prestixio de Bressett como numismático levouno a ser nomeado polo presidente Lyndon Johnson membro da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos en 1966, e tres décadas despois, en 1996, foi nomeado tamén membro do Comité Consultivo Cidadán sobre a Moeda.

Bressett retirouse da súa dedicación total ao mundo editorial aos 90 anos, en 2018, e Whitman Publishing pasou a consideralo como "editor emérito"."Kenneth Bressett named first Editor Emeritus of the Red Book ".En Coin Update. 25 de abril de 2018."Jeff Garrett Pays Tribute to Kenneth Bressett, “Red Book” Editor Emeritus". Whitman Expo. 2023. No entanto, seguiu escribindo libros, un en 2021, acerca do Red Book de R. S. Yeoman,Tucker, D. (2021). "Celebrating R.S. Yeoman and his remarkable Red Book ". En Coin Update. 29 de abril. e outro en 2022, sobre a arqueoloxía no Antigo e no Novo Testamento.Bulfinch, C. (2022). "Ken Bressett to meet and greet at ANA National Money Show". En Coin World. 28 de febreiro.Véxase a sección "Publicacións".

En marzo de 2022, no marco do National Money Show de Colorado Springs, a compañía Classical Numismatic Group (CNG) sacou a poxa pública a súa colección de moedas antigas e británicas."Kenneth Bressett Collection in CNG's Keystone Auction 6". En Coins Weekly. "CNG Brings Bressett Collection to Auction at ANA Money Show". En Coin Week. 2 de marzo de 2022.

Vida persoal Kenneth Bressett casou con Bertha Britton o 7 de outubro de 1950, con quen tivo dous fillos e unha filla. A súa esposa finou en 2012."Obituary: Bertha Bressett". Dignitymemorial.com

Recoñecementos

1978: Mdalla do Mérito, da American Numismatic Association (ANA)."American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association. 1983: Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild."The Clemy Award Winners ". Numismatic Literary Guild. 1986: Premio Embaixador Numismático, de Florida United Numismatists (FUN)."Numismatic Ambassador Award Winners". Florida United Numismatists (FUN). 1996: Incorporación ao Hall of Fame da ANA."Past Hall of Fame inductees by year". American Numismatic Association. 1996: Premio Robert Friedberg, do Gremio de Numismáticos Profesionais dos Estados Unidos."Robert Friedberg Award". Professional Numismatists Guild (PNGdealers.org). 1997: Premio Glenn Smedley Memorial, da ANA. 1998: Premio Farran Zerbe Memorial, da ANA. 2001: Premio á Traxectoria, da ANA. 2004: Premio Numismático do Ano, da ANA. 2010: Premio Century Club, da ANA. 2016: Premio ao Servizo Distinguido, da American Numismatic Society (ANS)."Recipients of the Distinguished Service Award ". American Numismatic Society. 2017: Premio Adna G. Wilde á excelencia, da ANA. 2018: Premio Burnett Anderson Memorial, da ANA, a ANS e o Numismatic Literary Guild (NLG). 2021: Incluído na listaxe das persoas máis influentes en numismática en 1960-2020, pola revista Coin World."Ken Bressett". En The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. Páxina 77.Smith, P. (2012). Páxina 58.

Publicacións Como escritor numismático, Bressett contribuín cun bo número de artigos en diversas publicacións periódicas do seu país, como Coin World, Coins, Numismatic News ou The Numismatist. Ademais foi autor de máis dunha ducia de monografías, entre as que destacan as seguintes:Smith, P. (2012). Páxinas 57-58.

(1960). Alaska's Coinage Through the Years (con M. Gould). Whitman Pub. (1960). Catalog of Hawaiian Coins, Tokens and Paper Money (con M. Gould). Whitman Pub. (1961). Hawaiian Coins, Tokens and Paper Money (con M. Gould). Whitman Pub. (1962). The Fantastic 1804 Dollar (con Eric P. Newman). Whitman Pub. (1962). A Guide Book of English Coins 1962-63. Whitman Pub. [9ª ed. 1982 ISBN 9780307090614] (1966). Let's Collect Coins. An Introduction to a Fascinating Hobby. Whitman Pub. [9ª edición 1990] (1970). Buying and Selling United States Coins (con R. S. Yeoman). Western Publishing. ISBN 9780307219817 [12ª edición 1982] (1975). Whitman Guide to Coin Collecting. Whitman Pub.[numerosas edicións posteriores]. ISBN 978-0794845216 (1977). Official ANA Grading Standards for United States Coins. Whitman Pub. [7ª ed. 2013 ISBN 978-0794838249] (1982). Basics of Coin Grading for U. S. Coins. Whitman Pub. ISBN 978-0307935625 (1990). A Guide to United States Coin Price Trends. Whitman Pub. ISBN 978-0307093608 (1991). Collectible American Coins. Crescent Books. ISBN 9780517035870 (1993). Guide Book of United States Currency. Whitman Pub. ISBN 030719373X [numerosas edicións posteriores] (2007) Money of the Bible. Whitman Pub. ISBN 978-0794823894 (2007). Milestone Coins. A Pageant of the World's Most Significant and Popular Money. Whitman Pub. ISBN 978-0794823610 (2021). Penny Saved: R.S. Yeoman and His Remarkable Red Book. Whitman Pub. ISBN 978-0794849016 (2022). Bible Lore and the Eternal Flame. Whitman Pub. ISBN 978-0794849764 (2022). A Guide Book of US Coins 2023. Whitman Pub. ISBN 978-0794849610 [editado a cargo de Bressett desde 1971]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Garrett, Jeff (2013). "Ten Questions for Numismatic Legend, Ken Bressett". En Coin Week. 26 de setembro. Roach, S. (2016). "Editor's Q&A: Ken Bressett has done it all in the world of numismatics ". En Coin World. 8 de novembro. Smith, P. (2012). "Bresset, Kenneth E(dward)". En American Numismatic Biographies. Páxinas 57-50. "Ken Bressett". En The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. Páxina 77.

Categoría:Nados en 1928 Categoría:Nados en Nova Hampshire Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Membros da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos Categoría:Galardoados co premio Burnett Anderson Memorial Categoría:Galardoados co premio Clemy Categoría:Galardoados co premio Robert Friedberg Categoría:Alumnos da Universidade de Wisconsin-Madison Categoría:Coleccionistas