Trygve A. Rovelstad, nado en Elgin, Illinois, o 27 de setembro de 1903 e finado na mesma cidade o 8 de xuño de 1990, foi un escultor, medallista e deseñador de moeda estadounidense.

Traxectoria Rovelstad naceu en Elgin, condado de Kane, Illinois, fillo dos inmigrantes noruegueses Anna Evasen e Theodor Rovelstad."Trygve A. Rovelstad". Find a Grave.

Recibiu a súa educación na Lowrie Grade School e na Elgin High School, onde comezou a expresar os seus dotes artísticos. Logo da súa graduación en secundaria, formouse en Arte no estudio de Nellie Fabyan en Geneva, Illinois, e despois foi aceptado para traballar prestixioso estudio Midway, do escultor Lorado Taft,"Trygve A. Rovelstad Papers, 1922-90". The University of Illinois at Urbana-Champaign.Mayer, L. (1995). "Monument to a Veteran Artist". En Chicago Tribune. 26 de novembro. ao tempo que asistía a clases nocturnas no Instituto de Arte de Chicago.Mayer, L. (1995). "Monument to a Veteran Artist". En Chicago Tribune. 26 de novembro. Logo marchou a Nova York para ampliar estudos no Beaux Arts."Trygve A. Rovelstad Biography ". U-46.org

Ao seu regreso a Elgin, inicialmente modelou relevos en miniatura para o seu antigo mestre Lorado Taft e logo viaxou ao Oeste para estudar na Universidade de Washington, entre 1926 e 1928,"Trygve A. Rovelstad Papers, 1922-90". The University of Illinois at Urbana-Champaign. onde se graduou en Escultura.

Posteriormente viaxou a París para perfeccionar os seus estudos de escultura e artes afíns no Louvre.

Obras miniatura|260x260px|Medalla do 50º aniversario do Chicago Coin Club (1969). Durante a segunda guerra mundial, Rovelstad foi medallista na División Heráldica de Washington do Departamento de Guerra dos Estados Unidos, e a el débeselle a creación de varias condecoracións militares, entre elas a Insignia de Infantaría de Combate, a Lexión ao Mérito, a Estrela de Bronce, a Medalla da Ocupación de Alemaña ou a insignia de Women's Army Corps (ACS). E tamén foi autor de diversas medallas civís, como a conmemorativa do 50 aniversario do Chicago Coin Club en 1969,"Chicago Coin Club 50th Anniversary Medal". Medallic Art Collector (medallicartcollector.org). 7 de xaneiro de 2017. a dos Bombeiros de Chicago ou a do Sesquicentenario de Illinois. miniatura|260x260px|Medio dólar do Centenario de Elgin, Illinois, deseñado por Trygve Rovelstad. Un dos traballos polos que é máis recoñecido é o medio dólar do Centenario de Elgin, Illinois, unha moeda de prata conmemorativa desa efeméride, e que lle serviu para recadar fondos cos que financiar outro dos seus traballos senlleiros, o Pioneer Memorial, un conxunto escultórico sito na ponte da rúa Kimball e o río Fox, en Elgin, en homenaxe aos primeiros pioneiros asentados en Illinois, que non foi inaugurado ata o 11 de novembro de 2001, 11 anos despois do falecemento do seu creador.Ferrarin, E. (2011). "Elgin residents gather to celebrate memorial". En Daily Herald. 12 de novembro."1936 Elgin Centennial Half Dollar". Earlycommemorativecoins.com miniatura|260x260px|Conxunto escultórico o Pioneer Memorial, en Elgin. Rovelstad tamén foi o autor do American Roll of Honor ("Lista de Honra Estadounidense"), un gran manuscrito con decoración de acuarelas no que están escritos á man os nomes dos 28.000 militares estadounidenses que morreron na defensa de Gran Bretaña antes do Día D, que lle foi entregado á Raíña Isabel II polo xeneral Dwight Eisenhower para a súa exhibición na capela americana da catedral de St. Paul en Londres.

Entre outras obras escultóricas, cabe citar tamén a estatua do senador Barr, na rotonda do Capitolio de Illinois.

Vida familiar Rovelstad casou o 8 de xullo de 1950 con Gloria Germaine Michel (1926-1999), de Elgin, con quen tivo unha filla.

Trygve A. Rovelstad faleceu en Elgin o 8 de xuño de 1990, aos 86 anos de idade. O seu corpo foi soterrado no cemiterio Bluff City, en Egin.Smith, P. (2012).

Os seus arquivos consérvanse na Universidade de Illinois."Trygve A. Rovelstad Papers, 1922-90". The University of Illinois at Urbana-Champaign.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Smith, P. (2012). "Rovelstad, Trygve". En American Numismatic Biographies. Páxina 361.

Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1990 Categoría:Nados en Illinois Categoría:Escultores dos Estados Unidos de América Categoría:Deseñadores de moeda dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia norueguesa Categoría:Alumnos da Universidade de Washington Categoría:Personalidades sen imaxes