A República ChecaDiccionario enciclopédico galego universal.Diciopedia do século 21.Enciclopedia Galega Universal.Atlas de Galicia e de España. Anaya.Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio."Checa, República (checo, checa)" en "Chequia | República Checa" en (coord.) et al. (2012) Criterios para o uso da lingua p. 117. UDC. ISBN 978-84-9749-504-2."Chequia (República Checa)", "Chequia" e "Chequia (República Checa)" "Chequia (Tamén República Checa)" (en checo: Česká republika), tamén coñecida como Chequia (en checo: Česko) é un país do centro de Europa, limitado ao norte por Polonia, ao leste por Eslovaquia, ao sur por Austria e ao noroeste por Alemaña. Xunto con Polonia, Eslovaquia e Hungría, integra o Grupo Visegrád. Está formada polas rexións históricas de Bohemia, Moravia e Silesia. Bohemia ocupa a parte occidental do país, está rodeada de montes baixos e forma unha cunca regada polos ríos Labe (Elba) e Vltava (Moldava). Moravia, na parte oriental, está regada polo río Morava. Silesia, situada ao norte de Moravia, fai fronteira con Polonia.
O Estado Checo, ou as terras da Coroa de Bohemia, como era coñecido até 1918, formouse no final do século IX. Despois da Batalla de Mohács en 1526, o Reino de Bohemia foi integrado na monarquía dos Habsburgo xunto con Austria e Hungría. A república independente de Checoslovaquia formouse en 1918, tralo colapso do Imperio Austrohúngaro ao remate da Primeira guerra mundial. O Pacto de Múnic (asinado pola Alemaña nazi, Francia, Reino Unido e Italia) estabeleceu unilateralmente a incorporación de Checoslovaquia á Alemaña. En agradecemento pola liberación da maior parte da República polo Exército Vermello, o Partido Comunista obtivo maioría relativa (38 %) nas eleccións de 1946.
Dous anos despois, en 1948, Checoslovaquia converteuse nunha ditadura por mor dun golpe de estado. En 1968 a crecente insatisfacción culminou nunha tentativa de reformar o réxime. Os acontecementos coñecidos como a Primavera de Praga de 1968 terminaron coa invasión por parte dos exércitos dos países do Pacto de Varsovia (coa excepción de Romanía). As tropas permaneceron no país até a Revolución de Veludo de 1989, cando caeu o réxime. O 1 de xaneiro de 1993 Checoslovaquia dividiuse pacificamente en dous estados, a República Checa e Eslovaquia. O 1 de maio de 2004, Chequia ingresou na Unión Europea.
Hoxe a República Checa é unha democracia parlamentaria pluripartidista. O presidente Václav Klaus é o actual xefe de Estado, mentres que Petr Nečas é o Primeiro Ministro e Xefe de Goberno. O Parlamento ten dúas cámaras: a Cámara de Deputados e o Senado. Dende a súa creación a República Checa fixo reformas económicas como as privatizacións rápidas. O crecemento do seu Produto Interior Bruto (PIB) situouse en torno ao 6 % até o estalido da recente crise económica mundial. O país foi o primeiro membro da antiga COMECON en acadar o status de país desenvolvido segundo o Banco Mundial. O seu IDH en 2010 defíneo como unha nación cun "desenvolvemento humano moi alto".
Etimoloxía A actual República Checa chámase en checo Česká republika, denominación que deriva do nome da maior rexión do país, Čechy (Bohemia) ou do etnónimo checos, nome dunha das tribos eslavas que habitaron o actual territorio do país despois da época das migracións e que dominou a zona cara ao 530. A orixe do nome da tribo é descoñecido. De acordo cunha lenda, o nome vén do líder Praotec Čech ("pai Checo").
Componse de tres territorios históricos: Bohemia (en checo: Čechy) ao oeste, Moravia (Morava) ao sueste e a Silesia Checa (Slezsko), a parte máis pequena da Silesia histórica, a maioría da cal se atopa hoxe dentro da moderna Polonia. Conxuntamente, estas tres partes poden ser describir como "terras checas", falándose nelas a lingua checa. Cando a nación checa recuperou a súa independencia en 1918, o novo estado de Checoslovaquia constituíuse para reflectir a unión dos territorios checos e eslovacos que se fusionaron despois da primeira guerra mundial (ademais dunha pequena parte do oeste de Ucraína).
Historia Prehistoria Os arqueólogos atoparon evidencias de asentamentos humanos prehistóricos na zona, os cales se remontan á era do Neolítico. Na época clásica, dende o século III a.C. migracións celtas establecéronse alí, como os Boii e máis tarde no século I as tribos xermánicas dos marcomanos e os quadi. Durante o período de migración dos pobos bárbaros, ao redor do século V, moitas tribos xermánicas trasladáronse cara ao oeste e cara ao sur de Europa Central.
Os pobos eslavos das rexións do Mar Negro e os Cárpatos establecéronse na zona (nun movemento que foi estimulado pola arremetida dos pobos de Siberia e Europa do Leste: hunos, ávaros, búlgaros e maxiares). Seguindo o ronsel dos alemáns, trasladáronse cara ao sur, en Bohemia, Moravia e algúns lugares da actual Austria. Durante o século VII, o comerciante franco Samo, apoiou os eslavos na loita contra os gobernantes ávaros e converteuse no gobernante do primeiro estado eslavo coñecido en Europa Central. O principado de Moravia xurdiu no século VIII.
Bohemia
miniatura|Otakar II Přemysl. O estado de Bohemia ou Čechy xurdiu no final do século IX, cando foi unificado pola dinastía dos Premislitas. O reino foi unha importante potencia rexional durante a Idade Media e parte do Sacro Imperio Romano durante toda a existencia da confederación.
En 1212, o rei Přemysl Otakar I (1198-1230), que xa se facía chamar co título de "rei" dende 1198, extraeu unha Bula de Ouro de Sicilia (un decreto formal) do Emperador que confirmaba o seu título real e o dos seus descendentes. O século XIII foi tamén un período de inmigración xermánica en grande escala. En 1235, o poderoso exército mongol lanzouse á invasión de Europa e despois da Batalla de Legnica, os mongois levaron o seu ataque devastador cara Moravia. miniatura|esquerda|Carlos IV, décimo primeiro rei de Bohemia, foi elixido o checo máis importante da historia. O rei Přemysl Otakar II (1253–1278) recibiu o alcume de "Rei do Ouro e do Ferro" por mor do seu poder militar e riquezas. Conquistou Austria, Estiria e Carintia, expandindo así o territorio bohemio até o mar Adriático. Con todo, atopou a morte na Batalla de Marchfeld en 1278, nunha guerra fronte ao seu rival, o rei Rodolfo I de Alemaña. O fillo de Ottokar, Venceslau II adquiriu a coroa polaca en 1300 para si mesmo e a coroa húngara para o seu fillo. Porén, en 1306, a dinastía premislida morreu e despois dunha serie de guerra, a casa de Luxemburgo gañou a coroa bohemia.
O século XIV, especialmente durante o reinado de Carlos IV (1342 a 1378), considérase a idade de ouro da historia checa. De particular importancia foi a fundación da Universidade Carolina de Praga en 1348. A peste negra, que azoutou Europa dende 1347 até 1352, decimou o Reino de Bohemia en 1380, matando preto do 10 % da poboación.
No século XV, o reformista relixioso e social Jan Hus formou un movemento, o cal posteriormente recibiu o seu nome. A pesar de que Hus foi chamado herexe e queimado en Constanza en 1415, os seus seguidores separáronse da Igrexa católica e nas guerras husitas (1419-1434) derrotaron a cinco cruzadas organizadas na súa contra polo Sacro Emperador Romano Sexismundo.
Durante os seguintes dous séculos, o 90 % da poboación converteuse á corrente husitas do protestantismo. Despois de 1526 Bohemia foi caendo cada vez máis baixo o control dos Habsburgo, primeiro elixidos de xeito democrático para pasar ser despois gobernantes hereditarios. A defenestración de Praga e a posterior rebelión contra os Habsburgo en 1618 marcou o inicio da Guerra dos Trinta Anos, que se estendeu rapidamente en toda Europa Central. En 1620, a rebelión foi esmagada en Bohemia na Batalla da Montaña Branca e os vínculos entre Bohemia e as terras dos Habsburgo en Austria fortalecéronse. A guerra tivo un efecto devastador na poboación local, á xente déuselle a opción de ou converterse ao catolicismo ou abandonar o país.
miniatura|Frederico II foi derrotado na batalla de Kolín. O seguinte período, de 1620 ata o final do século XVIII, é a miúdo coñecido como a "Idade Escura". A poboación das terras checas reduciuse nun terzo debido á guerra, ás enfermidades, á fame e á expulsión dos checos protestantes. Os Habsburgo prohibiron tódalas relixións distintas do catolicismo. Os turcos otománs e os tártaros invadiron Moravia en 1663, tomando doce mil escravos. Nos anos 1679 e 1680 as terras checas enfrontáronse cunha devastadora praga e cun alzamento da servidume.
Os reinados de María Tareixa de Austria (1740-1780) e o seu fillo Xosé II (1780-1790), emperador do Sacro Imperio e corexente dende 1765, caracterizáronse polo despotismo ilustrado. En 1742, a maior parte de Silesia, e a continuación a posesión da coroa de Bohemia, foron conquistadas polo rei Frederico II de Prusia na Guerra de Sucesión austríaca. Coa gran fame, que durou de 1770 até 1771, morreu ao redor dunha décima parte da poboación checa, ou uns 250.000 habitantes, o que levou á radicalización das campiñas, con campesiños liderando os levantamentos.
Despois da caída do Sacro Imperio Romano Xermánico, Bohemia pasou a formar parte do Imperio Austríaco e logo de Austria-Hungría. A servidume non foi abolida por completo até 1848. Despois das revolucións de 1848, o emperador Francisco Xosé I de Austria instituíu unha monarquía absoluta nunha tentativa por equilibrar os intereses étnicos no imperio.
Checoslovaquia
Estímase que uns 150.000 soldados checos morreron durante a primeira guerra mundial. Máis de 100.000 voluntarios checos formaron as lexións checoslovacas en Rusia, onde loitaron contra as Potencias Centrais e máis tarde contra as tropas bolxeviques. Trala caída do Imperio Austrohúngaro trala Gran Guerra, a república independente de Checoslovaquia foi creada en 1918. Este novo país incorporou as rexións de Bohemia, Moravia, Silesia, Eslovaquia e a Rutenia Subcarpática (coñecida na época como Rus subcarpática) con significantes minorías de falas alemás, húngaras, polacas e rutenas. miniatura|Tomáš Garrigue Masaryk. A pesar de que Checoslovaquia era un estado unitario, sempre outorgou amplos dereitos ás súas minorías, aínda que nunca lles cedeu ningún tipo autonomía política territorial. Non facelo tivo como resultado certo descontento e un algunha tentativa de certas minorías de romper o país. Adolf Hitler aproveitouse desta circunstancia e, co apoio do Partido Alemán dos Sudetes (SdP) de Konrad Henlein, obtivo practicamente a totalidade da zona xermanofalante de Sudetenland a través dos Acordos de Múnic de 1938. Polonia anexionouse a área ao redor de Český Těšín. Tamén Hungría gañou partes de Eslovaquia e a Rutenia Subcarpática como resultado da Primeira arbitraxe de Viena en novembro de 1938.
Finalmente o que quedaba de Eslovaquia e da Rutenia Subcarpática adquiriu unha maior autonomía, e mesmo o estado cambiou o nome a "Checo-Eslovaquia" (a Segunda República). Despois da ameaza de anexión por parte da Alemaña nazi dunha parte de Eslovaquia, permitindo que o resto da rexión se dividise entre Hungría e Polonia, Eslovaquia optou por manter a súa integridade nacional e territorial separándose de "Checo-Eslovaquia" e aliándose, como esixencia alemá, coa coalición de Hitler.