Eugenio Curiel Curiel, nado en Ferrol e finado en Villadangos del Páramo o 27 de outubro de 1936, foi un profesor e político galego.
Traxectoria Licenciado en Dereito e Filosofía e Letras pola Universidade de Valladolid. Foi concelleiro de Valladolid na primeira corporación republicana. Militante de Izquierda Republicana. Foi catedrático do Instituto de Astorga e director do mesmo dende 1933.Eugenio Curiel, director del Instituto de Astorga (1933-1936), una cabeza brillante que apagó la intolerancia (III) Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 trasladouse a Vigo para apoiar ao seu irmán Luis na causa militar aberta contra el. Logo de ser sobresido o proceso contra Luis, volveu a Astorga. Foi detido o 18 de setembro xunto co sacerdote Bernardo Blanco Gaztambide e trasladado á prisión de San Marcos de León o 20 de setembro. O 27 de outubro sacáronos da prisión xunto con outros detidos coa desculpa dun traslado e asasináronos na estrada Astorga-León en Villadangos del Páramo.Eugenio Curiel Curiel Recoñecementos
En 2015 o Concello de Astorga dóulle o seu nome a unha rúa."Este acto es de Eugenio y de sus compañeros desaparecidos" Notas
Véxase tamén Outros artigos Gracias, juez, artigo de Enrique Curiel.
Categoría:Profesores de educación secundaria
Categoría:Asasinados polo bando nacional Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Finados en 1936 Categoría:Alumnos da Universidade de Valladolid