César Margolles de la Vega, nado en Ribadeo o 26 de xaneiro de 1911, foi un mestre e político galego.

Traxectoria Mestre de Vilaselán (Ribadeo) ata 1934 e despois de Benquerencia (Barreiros) e militante do PSOE. Logo da vitoria da Fronte Popular en febreiro de 1936, foi delegado gobernativo en Barreiros.BOP Lugo, 5-9-1936, p. 1. Participou en varios mitins da campaña pro Estatuto en xuño de 1936, como o de Viveiro.El Pueblo Gallego, 24-6-1936, p. 1. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu a Asturias. Foi destituído como mestre en agosto.BOP Lugo, 28-8-1936, p. 1. Foi paseado en Asturias. Suponse que foi soterrado dunha fosa común na estrada de Vegadeo a Garganta, preto do desvío a Meredo. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1937.BOP Lugo, 13-4-1940, p. 1.

Notas

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Asasinados polo bando nacional Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Nados en 1911