Agustín Horta Resúa, nado en Bealo (Boiro) cara a 1910 e finado en Lousame o 21 de novembro de 1936, foi un labrego e sindicalista galego.
Traxectoria Veciño de Bealo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi paseado no Alto do Confurco o 21 de novembro de 1936 por negarse a delatar ao seu irmán Celestino Horta Resúa. Os seus restos foron depositados na foxa común do cemiterio de San Xoán de Lousame, onde tamén repousan os corpos de Ángel Moreiras Sánchez e Ramón Tubío Millares.
Recoñecementos Foi homenaxeado polo Concello de Boiro no Día da Galiza Mártir de 2012.
Notas
Referencias
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Boiro Categoría:Nados en 1910
Categoría:Finados en 1936