The Dismemberment Plan foi unha banda de indie rock estadounidense baseada en Washington, D.C. formada o 1 de xaneiro de 1993. Tamén coñecida como D-Plan ou The Plan, o nome deriva dunha frase da industria usada polo vendedor de seguros Ned Ryerson na popular comedia Atrapado no tempo. Os seus membros son Eric Axelson (baixo), Jason Caddell (guitarra), Joe Easley (batería), e Travis Morrison (voces e guitarra). Axelson, Caddell, Morrison e o batería orixinal Steve Cummings formaron a banda na universidade, tras coñecerse mentres asistían a distintos institutos do norte de Virxinia (Axelson, Cummings, e Morrison ían ao Lake Braddock Secondary School en Burke, Virxinia). Cummings deixou o grupo tras gravar o seu álbum de estrea e foi substituído por Easley, cementando a formación do grupo.

The Dismemberment Plan lanzou catro álbums de estudio antes de separarse en 2003, sendo considerado o mellor deles o aclamado Emergency & I de 1999. A banda reuniuse a principios de 2011, xirando polos Estados Unidos e o Xapón e lanzando un álbum ao vivo. Posteriormente lanzaron un novo álbum en outubro de 2013, Uncanney Valley.

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSelo!1995DeSoto RecordsThe Dismemberment Plan Is Terrified1997DeSoto RecordsEmergency & I1999DeSoto RecordsChange2001DeSoto RecordsUncanney Valley2013Partisan Records

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais de Washington, D.C. Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de rock experimental Categoría:Grupos musicais de post-punk revival Categoría:Grupos musicais de math rock Categoría:Grupos musicais de post-hardcore Categoría:Grupos musicais formados en 1993