miniatura|dereita|330px|Os galardoados da edición dos premios Xerais de 2017 (Santiago Lopo, María Canosa e Manuel Lourenzo González) xunto a membros do xurado e o equipo editorial de Edicións Xerais de Galicia. O Premio Xerais é un premio literario galego que concede Edicións Xerais desde 1984 a unha novela. A partir de 1988 o xurado do premio incluíu lectores non profesionais e a entrega do premio realízase nunha cidade diferente conxuntamente co Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil. A partir da edición de 2006, o galardón acompañouse tamén do Caixa Galicia de literatura xuvenil, de xeito que o Merlín quedou restrinxido a infantil. Ademais, a editorial concede un premio Xerais á cooperación no labor editorial.
O premio, que é único, está dotado con 15.000 euros na actualidade; na primeira edición tiña unha contía de 500.000 pesetas (3.000 euros), e xa na segunda edición pasou a un millón de pesetas"1985, IIº Premio Xerais" , no blog de Edicións Xerais, 5 de abril de 2008.. A data de entrega adoitaba ser na semana da festividade do San Xoán, no solsticio de verán, ou nos primeiros días do mes na Illa de San Simón ata o ano 2017. En 2018 o acto de entrega dos galardóns adíase ata outubro para facelos coincidir coa publicación das propias obras.
Obras gañadoras miniatura|dereita|Agustín Fernández Paz pronunciando o discurso "Oito doas para San Simón" na Illa de San Simón con motivo da celebración do ditame dos XXVI Premios Xerais o 6 de xuño de 2009. 1984: Crime en Compostela (Carlos González Reigosa). 1985: As horas de cartón (Lois Xosé Pereira). 1986: No ano do cometa (Xoán Bernárdez Vilar). 1987: Para despois do adeus (Xosé Ramón Pena). 1988: O bosque das antas (Francisco Xosé Fernández Naval). 1989: Galván en Saor (Darío Xohán Cabana). 1990: As baleas de Eduardo Reinoso (Alfonso Álvarez Cáccamo). 1991: Agosto do 36 (Xosé Fernández Ferreiro). 1992: O infortunio da soidade (Xosé Carlos Caneiro). 1993: Deserto 1994: O cervo na torre (Darío Xohán Cabana). 1995: Unha noite con Carla (Aníbal Malvar). 1996: A velocidade do frío (Manuel Seixas). 1997: Manancial (Xavier Manteiga). 1998: Morning Star (Xosé Miranda). 1999: Pensa nao (Anxo Angueira). Entregado en Mondariz Balneario. 2000: Expediente Artieda (Luís Rei Núñez). Entregado en Santiago de Compostela. 2001: Teoría do caos (Marilar Aleixandre). Entregado en Ribadeo. 2002: Concubinas (Inma López Silva). Entregado en Allariz. 2003: Casa Skylab (Santiago Jaureguizar). Entregado en Betanzos. 2004: O exiliado e a primavera (Manuel Veiga Taboada). Entregado en Vigo.Íase entregar na illa de San Simón, pero o afundimento do pesqueiro Bahía, con base en Cesantes, uns días antes, fixo que se movese a entrega a Vigo, en sinal de loito. 2005: Herba moura (Teresa Moure). Entregado na illa de San Simón. 2006: Tres segundos de memoria (Diego Ameixeiras). Entregado na illa de San Simón. 2007: Cardume (Rexina Rodríguez Vega). Entregado na illa de San Simón. 2008: O xardín das pedras flotantes (Manuel Lourenzo González). 2009: Sol de Inverno (Rosa Aneiros). 2010: Periferia (Iolanda Zúñiga). 2011: Extramunde (Xavier Queipo). 2012: Tonas de laranxa (María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón). 2013: Cadeas (Xabier López López). 2014: Dende o conflito (María Reimóndez). 2015: De remate (Héctor Cajaraville). 2016: A ira dos mansos (Manuel Esteban). 2017: A arte de trobar (Santiago Lopo). 2018: Besta do seu sangue (Emma Pedreira) 2019: Shanghai a Barcelona (Amador Castro) 2020: Coidadora (María Marco Covelo) 2021: Os seres queridos (Berta Dávila) 2022: A culpa (María Solar) 2023: Ninguén contará a verdade (Pedro Feijoo) miniatura|Marta Villar, Raquel Fernández e Abel Tomé (Premio Xerais, Premio Jules Verne, Premio Merlín 2024) na Biblioteca Torrente Ballester de Bueu, acto organizado pola Libraría Miranda e o Concello de Bueu.2024: Detective Ferruchi (Marta Villar) 2025: Mulleres que viven xuntas (Abril Camino) 2026: A boca do río (Alberto Lema)
Notas
Véxase tamén Bibliografía A grande aventura do libro, contada por el mesmo, Deputación de Ourense, Santiago de Compostela, 2013, ISBN 978-84-941165-1-3.