A criomicroscopia electrónica de varrido (CryoSEM) é unha forma de criomicroscopia electrónica na que se obteñen imaxes dunha mostra hidratada pero fixada crioxenicamente utilizando o estado frío dun microsopio electrónico de varrido nunha cámara crioxénica. O arrefriamento conséguese xeralmente con nitróxeno líquido. A cryoSEM de mostras biolóxicas cun alto contido de humidade pode facerse máis rapidamente con menos pasos de preparación da mostra que na microscopia electrónica de varrido convencional. Ademais, o proceso de deshidratación necesario para preparar unha mostra biolóxica para a cámara do microscopio electrónico de varrido convencional crea numerosas distorsións no tecido orixinando artefactos estruturais durante a obtención das imaxes.
Véxase tamén Outros artigos Microscopia electrónica Criomicroscopia electrónica Criomicroscopia electrónica de transmisión Criomicroscopia
Notas
Categoría:Técnicas de microscopia electrónica