Manuel Trillo Freire foi un avogado e político galego.
Traxectoria Avogado en Cee. Foi nomeado alcalde de Cee en 1959, tomando posesión o 3 de febreiro.La Voz de Galicia, 14-8-1959, p. 8. Foi presidente da Fundación Fernando Blanco en 1960. Permaneceu na alcaldía ata 1960. En 1985 foi elixido presidente de Alianza Popular de Cee.La Voz de Galicia, Santiago, 17-7-1985, p. 24. Encanezou a candidatura de AP nas eleccións municipais de 1987 e foi elixido concelleiro de Cee.La Voz de Galicia, Carballo, 13-6-1987, p. 25. Nas eleccións xerais de 1989 foi candidato número 7 do Partido Popular pola Coruña, pero non foi elixido. Dimitiu como concelleiro en marzo de 1990.La Voz de Galicia, Barbanza, 4-3-1990, p. 49.
Vida persoal
Casou con Cándida Mayobre Rivas e foi pai de José Manuel, María del Pilar e Carlos Trillo Mayobre. Notas
Categoría:Avogados de Galicia
Categoría:Alcaldes de Cee Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición