Alessandra Korap, nada na aldea Munduruku, no Pará en 1985, é unha dirixente indíxena e activista medioambiental brasileira do pobo mundurucú. O seu traballo principal é defender a demarcación do territorio indíxena e denunciar a explotación e actividades ilegais das industrias mineira e madeireira. Alessandra é recoñecida internacionalmente polo seu traballo. En 2020, recibiu o Premio Robert F. Kennedy de Dereitos Humanos nos Estados Unidos. En 2023, Korap foi galardoada co Premio Medioambiental Goldman para América do Sur e Central.
Traxectoria Korap interesouse pola política e asistiu ás reunións do consello tribal dende moi nova, nun momento no que non era habitual que asistisen as mulleres. Coa progresiva invasión das terras indíxenas e a perda dos seus dereitos, implicouse máis no activismo. En 2019, trasladouse a Santarém para estudar dereito na Universidade Federal do Oeste do Pará (UFOPA),Discente do curso de Direito/ICS ganha prêmio Robert F. Kennedy de Direitos Humanos 2020 . Portal ICS/UFOPA. 15 de outubro de 2020. para prepararse mellor para o seu activismo.Fellet, João. "Muros, pedintes e venda de água: as descobertas da indígena que mudou para a cidade para entender a lei dos brancos". BBC Brasil, 14/02/2020
Destacouse como defensora dos intereses dos pobos indíxenas contra a invasión das súas terras por parte dos mineiros. Korap foi a primeira muller en liderar a Asociación Indíxena Pariri, que agrupa a dez aldeas da rexión do Tapajós Medio, no Pará. Unha das principais consecuencias para a vida indíxena do Tapajós Medio provocada pola explotación deste territorio, e denunciada por Alessandra, é o impacto do mercurio moi utilizado nas actividades mineiras. Un estudo realizado pola Fiocruz en colaboración co WWF-Brasil indica que todos os participantes na investigación están afectados por este contaminante. Seis de cada dez participantes tiñan niveis de mercurio por riba dos límites de seguridade: preto do 57,9% dos participantes tiñan niveis de mercurio por riba de 6 µg.g-1, que é o límite máximo de seguridade estabelecido polas axencias sanitarias.
En 2020, Korap conseguiu recoñecemento internacional ao recibir o Premio Robert F. Kennedy dos Dereitos Humanos,Pedrosa Neto, Cícero; Abreu, Adriana; Schramski, Sam. "The Amazon’s Burning Libraries". Pulitzer Center, 10/02/2021Galvani, Giovana. "Líder indígena Alessandra Munduruku ganha prêmio de direitos humanos". Carta Capital, 13/10/2020"Brazilian Indigenous leader Alessandra Korap wins Robert Kennedy rights award". NBC News, 23/10/2020 sendo o segundo brasileiro en ser premiado. Na xustificación do premio, díxose que “como líder, Alessandra defende os dereitos indíxenas, sobre todo na loita pola demarcación dos territorios indíxenas e contra os grandes proxectos que afectan as terras indíxenas e os territorios tradicionais da rexión de Tapajós”."Alessandra Munduruku ganha Prêmio Robert F. Kennedy de direitos humanos" . Amazônia - Notícia e Informação, 13/10/2020 Nesta ocasión, John Kerry, enviado especial do presidente dos Estados Unidos Joe Biden, pronunciou o discurso principal, dicindo:
Ao recibir o premio, Alessandra declarou que "o premio non é só para min, é pola loita do pobo mundurucú e doutras persoas que piden axuda, que claman pero non son escoitadas".Boadle, Anthony. "Líder indígena brasileira ganha prêmio de direitos humanos Robert Kennedy". Reuters, 22/10/2020 Tamén traballa para minimizar o impacto da pandemia da COVID-19 entre os pobos indíxenas."Vozes indígenas: a guerreira Munduruku vê a pandemia". Revista Humanitas — Unisinos, 11/11/2020
Korap recibiu ameazas de morte e invadiron e roubaron a súa casa por mor do seu activismo. En 2019, un grupo de deputados federais de Alemaña pediu ao goberno brasileiro que lle brindase protección. A invasión da súa casa produciuse dez días despois da súa viaxe a Brasília con outros indíxenas para denunciar a acción de explotación mineira e talla ilegal e esixir a demarcación das terras indíxenas. Entre 2018 e 2019, segundo Greenpeace, a deforestación nas terras do pobo mundurucú multiplicouse por seis."Parlamentares alemães cobram de Bolsonaro proteção a líder indígena ameaçada". Deutsche Welle, 06/12/2019 Os deputados alemáns asinaron unha carta dirixida ao presidente Jair Bolsonaro e entregáronlla á embaixada brasileira en Berlín, solicitando que as autoridades brasileiras encarguen aos responsables para que inicien unha investigación en profundidade. Na mesma carta, tamén manifestaron a súa preocupación pola situación dos defensores dos dereitos humanos no Brasil e reclamaron ao goberno que "faga a protección destes lexítimos líderes unha prioridade" e que "faga todo o que estea ao seu alcance para facilitar o traballo das organizacións da sociedade civil".
Galardóns e recoñecementos 2020: Premio Robert F. Kennedy de Dereitos Humanos, Estados Unidos. 2020: Premio Taz Panter, Berlín. 2023: Premio Medioambiental para América do Sur e Central.
Notas
Categoría:Nados en 1985 Categoría:Premio Medioambiental Goldman