Entre bateas é un filme dirixido por Jorge Coira e estreado en 2002. Trátase dunha coprodución na que tanto o equipo técnico coma o artístico están formados na súa maior parte por galegos.
Foi a gran triunfadora dos Premios Mestre Mateo do audiovisual galego no ano 2002, recibindo os galardóns á mellor película de TV e o premio do público. Gañou as categorías da mellor dirección e montaxe (Jorge Coira), actriz secundaria (Rosa Álvarez), maquillaxe e peiteado (Eva Fontenla e Trini Fernández), son, banda sonora (Piti Sanz), dirección artística (Marta Villar), dirección de produción (Roberto Sinde).
Sinopse O filme narra o conflito que se dá na ría de Arousa entre os antigos contrabadistas de tabaco e os novos narcotraficantes a través da historia de Mario, un experto condutor de planadoras e de Sego, un antigo amigo seu que opta por pasarse ó tráfico de drogas. A trama complétase coa relación de Mario e a súa muller -que o abandona farta do seu oficio de contrabadista de tabaco- e os conflitos entre as redes de narcotraficantes.
Personaxes
Miguel de Lira como Mario Pepo Suevos como Sego Nekane Fernández como Isabel Luísa Merelas como Catalina Xosé Manuel Olveira "Pico" como Veiga Julián Rodríguez como Mario neno Álvaro Caneda como Sego neno Tamara Canosa como Isabel nena Xulio Abonjo como Andrés Marcos Orsi como João Marco Aurelio González como Lourido Fernando Arcay como Rubio Cristina Espinosa como Susana Julio Lago como Castro Luís Iglesia como Xocas Celso Bugallo como Cura Manuel Lourenzo como Renato Alfonso Agra como Pai de Mario David Otero como David Toñito de Poi como Nando Adrián Fernández como Toño Alejandro Fernández como Andrés neno Piti Sanz como Vendedor droga Xurxo Souto como Mariñeiro 1 Maxi Cid Ferro como Xefe buque nutriz Víctor Mosqueira como Mecánico SVA Marco Meere como Avogado Quico Cadaval como Garda Civil 1 Santi Prego como Garda Civil 2 Roberto Sinde como Garda Civil 3 Víctor Pose como Barman Discoteca Alberto Rolán como Rapaz Discoteca 1 Rubén Mascato como Rapaz Discoteca 2 Tino Rábade como Pai de Isabel Brais Álvarez como Neto de Andrún Rosa Álvarez como Eva Xosé Luís Bernal "Farruco" como Mestre Antonio Mourelos como Andrún Adrián Viador como Toño
Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado2002Mellor directorJorge Coira GañadorMellor actorMiguel de LiraNomeadoMellor actorPepo SuevosNomeadoMellor actrizNekane FernándezNomeadoMellor actor secundarioXosé Manuel Olveira "Pico"NomeadoMellor actriz secundariaRosa Álvarez GañadorMellor actriz secundariaLuísa MerelasNomeadoMellor guiónCarlos Ares, Xosé Castro, Andrés Mahía, Raúl Dans, Daniel Domínguez e Chema Gagino GañadorMellor realizadorChema Fernández GañadorMellor filme de televisiónCosta Oeste – FORTA GañadorMellor dirección de produciónRoberto Sinde GañadorMellor dirección artísticaMarta Villar GañadorMellor montaxeJorge Coira e Guillermo Represa GañadorMellor banda sonoraPiti Sanz GañadorMellor sonClaudio Canedo GañadorMellor maquillaxe e peiteadoEva Fontenla e Trini Fernández Gañador
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Consello da cultura Galega
Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes dirixidos por Jorge Coira Categoría:Narcotráfico en Galicia Categoría:Filmes de 2002 con versión en galego