Perillus bioculatus é unha especie de insecto hemíptero da familia Pentatomidae. Son nativos de América do Norte, pero foron introducidos en Europa oriental e norte da India. Tanto os estadios larvais como adultos están especializados en depredar ovos e larvas do escaravello da pataca (Leptinotarsa decemlineata). Porén, o primeiro estadio ou ínstar larval aliméntase chuchando zumes dos talos da planta da pataca.

Galería

Notas

Categoría:Hemípteros Categoría:Animais descritos en 1775