A tempada 2023-2024 da Naisten Liiga será a 42ª edición da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia. A liga comezou o sábado 9 de setembro de 2023 e concluíu o 25 de febreiro de 2024. Pola súa banda os play-offs comezaron o 23 de febreiro de 2024 e finalizaron o 21 de marzo coa disputa do cuarto partido das finais. O IFK de Helsinqui defendeu o título conquistado na tempada precedente.

Ao final da tempada o IFK revalidou o título logo de gañar nas finais ao K-Espoo en catro partidos (1-3). Pola súa banda o KalPa se fixo coa medalla de bronce logo de derrotar no partido polo bronce ao HPK (1-3).

Nesta edición participaron un total de nove equipos e non se produciron descensos nin ascensos ao non conseguir ningún dos tres equipos da Naisten Mestis interesados en disputar a promoción finalizar entre os tres primeiros.

Movementos na liga Renuncia de Lukko A pesar de que o Lukko conseguira manter a categoría na serie clasificatoria logo de derrotar na derradeira xornada ao HIFK Akatemia, o 28 de abril de 2023 Lukko ry, a empresa que xestionaba o equipo feminino entre outros, decidiu suprimir o equipo da Naisten Liiga sinalando unha presunta falta de xogadoras. Nunha entrevista no portal Jatkoaika, a capitá do equipo, Maija Koski, sinalaba a ausencia de comunicación co equipo por parte de Lukko ry, que en nigún momento se reuniu coas xogadoras para analizar a situación para chegar a un acordo e manter o equipo na competición. Pouco despois da toma da decisión o equipo feminino foi eliminado das listas de equipos do club de Rauma.

O 5 de xuño de 2023 a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo confirmou que para a tempada 2023-24 a liga pasaría a estar integrada por tan só nove equipos logo da renuncia do equipo de Rauma.

Nova xerencia O 31 de marzo de 2023 a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo anunciou no seu sitio web unha convocatoria para procurar unha nova xerente da Naisten Liiga co obxectivo de elevar o nivel da competición e atraer a máis entusiastas, e así levar á competición ao profesionalismo. O 1 de agosto a federación anunciou que a elixida, Henni Laaksonen, comezaría a traballar dende principios dese mesmo mes.

Mudanzas nos corpos técnicos +Equipo2022–232023–24 DetallesPretempadaRoKiTuomas LiitolaTeemu KoivulaO 17 de maio de 2023 o Skellefteå AIK da Nationella Damhockeyligan, a segunda categoría do hóckey sobre xeo feminino sueco, anunciou a incorporación de Liitola como adestrador xefe do equipo. Liitola chegara a Rovaniemi en 2018 e conseguiu o ascenso á Naisten Liiga co RoKi dous anos despois. O seu posto foi ocupado por Teemu Koivula, de 26 anos e que nos anos anteriores xa exercera como adestrador dos equipos masculinos U15 e U16 do equipo de Rovaniemi. Team Kuortane Mira Kuisma Juuso Nieminen Logo de catro tempadas á fronte da selección finlandesa sub-18 e o Team Kuortane, Kuisma foi nomeada adestradora xefa do equipo nacional sub-18 a tempo completo. Nieminen uniuse ao Team Kuortane logo de varias tempadas adestrando nos equipos júnior do RoKi de Rovaniemi, cuxo cargo máis recente foi o de adestrador xefe do RoKi U18 na Mestis U18 masculina durante a tempada 2021–22.Tempada Kärpät Sanna Lankosaari Saija Tarkki O 13 de outubro as Kärpät anunciaron que Sanna Lankosaari non continuaría como adestradora xefa do equipo de Oulu. Logo da marcha de Lankosaari, Saija Tarkki asumiu a dirección do equipo mentres non se nomeara unha nova persoa para o posto. A iniciativa de rescindir o contrato tería sido da propia Lankosaari, logo de que as Kärpät tan só sumaran seis puntos en oito partidos, ocupando a penúltima posición, só por diante do RoKi. Kärpät Saija Tarkki Satu Kiipeli O 31 de outubro as Kärpät anunciaron que Satu Kiipeli pasaba a ser a nova adestradora do equipo. Kiipeli, cuxa carreira como xogadora finalizou en 2018, foi xogadora do equipo durante moitos anos e xogou no campionato universitario estadounidense, a NCAA, que gañou en tres ocasións. Kiipeli exercía de adestradora do equipo da academia dende 2016 e substituíu a Saija Tarkki, que logo dunhas semanas como adestradora interina regresou ao seu posto como directora do equipo e adestradora das nenas menores de 10 anos.

Retransmisións O 9 de outubro de 2023, a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo anunciou que a canle de televisión MTV Katsomo retransmitiría catro partidos da liga regular e as finais. MTV Katsomo retransmitirá un partido ao mes, o considerado "partido do mes", que estará dispoñible por subscripcióna a MTV Katsomo+ Urheilu. O primeiro partido que retransmitiu a canle foi o KalPa vs HIFK o 14 de outubro ás 13:00, mentres que o resto dos partidos foron:

25 de novembro: Kärpät – KalPa 9 de decembro: TPS – Kiekko-Espoo 20 de xaneiro: HPK – Kärpät

Por outra banda, o resto dos partidos da tempada poderánse ver a través de Leijonat TV, a plataforma da propia federación finlandesa, como xa ocorreu en tempadas anteriores.

Ademais, o 12 de marzo a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo informou de que todos os partidos das finais se poderían ver igualmente na canle de televisión MTV Katsomo, ademais da súa propia plataforma.

Acordos de patrocinio miniatura|A principios de 2024 a firma sueca de bebidas Nocco converteuse no primeiro socio da liga. A finais de xaneiro de 2024 a liga fixo público o acordo de asociación coa firma de bebidas sueca Nocco, que se converteu deste xeito no primeiro socio da liga. Esta cooperación foi visible especialmente nas publicacións da xogadora da semana nas redes sociais.

Menos dun mes despois do acordo con Nocco a liga anunciou a súa cooperación con Veikkaus, a empresa pública finlandesa que posúe o monopolio dos xogos de apostas no país nórdico. Con este acordo leváronse os partidos da Naisten Liiga ás apostas de Veikkaus. O acordo formou parte da estratexia de construcián da Naisten Liiga e valorado do seguinte xeito pola xerente da liga, Henni Laaksonen:

Clásico de inverno

O día 3 de febreiro de 2024 disputarase un clásico de inverno ao aire libre na mítica pista de xeo de Koulukatu de Tampere entre os dous equipos máis laureados do hóckey sobre xeo feminino finlandés, o Ilves e o K-Espoo. A directora do Ilves, Yin Tuorila, sinalou a intención de:

O 28 de xaneiro de 2012 houbo un precedente dun partido ao aire libre na daquela denominada Naisten SM-sarja no mesmo escenario e cos mesmos protagonistas, se ben daquela o equipo de Espoo era denominado "Espoo Blues", no chamado Koulukarun lassikko.

Estrutura da tempada A tempada 2023-24 comezou co "avausturnaus" (en galego "torneo de abertura") no Matinkylän jäähalli de Espoo, que tivo lugar durante o sábado 9 e o domingo 10 de setembro de 2023, e no que se reuniron todos os equipos participantes na liga agás o Team Kuortane, que comezou a competición na seguinte fin de semana. Como principal atractivo do evento, na primeira xornada enfrontáronse os dous finalistas da tempada precedente, o K-Espoo e o HIFK.

A liga regular xogarase en formato de cuádrupla volta entre os nove equipos participantes, polo que cada equipo disputará un total de 32 partidos nesta fase, que finalizará o 25 de febreiro de 2024 e a continuación os oito primeiros equipos disputarán os play-offs, que se disputarán en series ao mellor de cinco encontros e que finalizarán como máximo o 23 de marzo.

A principios de xaneiro de 2024 decidiuse o sistema de cualificación para decidir os ascensos e descensos. O formato foi confirmado pola Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo baseándose nunha proposta do comité de competición e logo de consultar co órgano de goberno da Naisten Liiga. De acordo coa decisión aprobada, o noveno clasificado na Naisten Liiga enfrontarase ao mellor equipo disposto a disputar a cualificación sempre e cando este finalice entre os tres primeiros da Naisten Mestis, en caso contrario non se disputaría a cualificación na primavera de 2024. Os equipos do APV, Panelian Raikas e SaiPa anunciaron a súa vontade de participar nas eliminatorias. Finalmente, o día 11 de marzo de 2024 a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo informou de que nesta tempada non se disputaría a fase de cualificación, xa que ningún dos tres equipos que manifestaran a súa vontade de disputar as eliminatorias de ascenso conseguiu finalizar nas tres primeiras posicións, que foron ocupadas polos equipos das academias do HIFK (campión), K-Espoo (subcampión) e KalPa (terceiro), mentres que o mellor clasificado dos equipos aspirantes foi o APV, que finalizou na cuarta posición. Deste xeito o RoKi, noveno e último clasificado da liga regular, mantivo a súa praza na máxima categoría sen disputar as eliminatorias.

Equipos participantes

Na tempada 2023-24 da Naisten Liiga tomarán parte na competición un total de nove equipos, que foron os mesmos protagonistas que na tempada precedente, coa excepción do Lukko de Rauma, que cesou a súa actividade logo de que Lukko ry, a empresa que o xestionaba, sinalara unha presunta falta de xogadoras. Por rexións, a única que contou con máis dun representante foi a rexión de Uusimaa, con dous (HIKF e K-Espoo), o resto de equipos eran das rexións de Finlandia Propia, Laponia, Ostrobotnia do Sur, Ostrobotnia do Norte, Savonia do Norte, Tavastia Propia e Pirkanmaa.

Os orzamentos dos equipos sitúanse entre os 115 000 € do Ilves e os 220 000 € do Team Kuortane. Os clubs afrontan gastos de, entre outros, alugueiro das pistas, transporte ou comidas, que en boa parte son sufragados polas propias xogadoras, que non reciben cartos ao non tratarse dunha liga profesional.

Agás o Team Kuortane, un equipo feminino fundado en 2010 pola Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo e cuxas xogadoras viven e estudan no Kuortaneen urheilulukio, todos os equipos da liga comparten os seus nomes con equipos profesionais masculinos da Liiga (HIFK, HPK, Ilves, KalPa, Kärpät, Lukko e TPS) ou a Mestis (K-Espoo e RoKi).

NomeCidadeEstadioCapacidadeAdestrador/aCapitáOrzamentoStadin GimmatHIFK Naiset12px HelsinquiPirkkolan jäähalli1 100Saara Niemi Karoliina Rantamäki 150 000HPK12px HämeenlinnaMetritiski Areena700Jari Risku Heta Seikkula 160 000Ilves12px TampereTesoman jäähalli1 500Marjo Voutilainen Jenna Lehtiniemi 115 000KalPa12px KuopioOlvi Areena5 224Mika Väärälä Johanna Juutilainen 160 000K-Espoo12px EspooTapiola 2750Sami Haapanen Reetta Valkjärvi 130 000Kärpät12px OuluOulun Energia Areena6 614Sanna LankosaariSaija TarkkiSatu Kiipeli Aino Kaijankoski 130 000RoKi12px RovaniemiLappi Areena3 500Teemu Koivula Eveliina Ollila 140 000Team Kuortane12px KuortaneKuortaneen urheiluopiston jäähalli350Juuso Nieminen Jenniina Kuoppala 220 000TPS12px TurkuRajupaja Areena2 875Terhi Mertanen Pihla Hämeenniemi 170 000

Liga regular Pos. Equipo PX V OTW OTL D GF GC DG Pts1K-Espoo 32 24 2 3 3 168 66 +102 792HIFK 32 27 0 0 5 175 49 +126 753HPK 32 21 0 3 8 120 68 +52 664KalPa 32 18 2 2 10 119 81 +38 605Ilves 32 14 5 1 12 102 94 +8 536Team Kuortane 32 9 2 3 18 65 99 -34 347Kärpät 32 7 2 2 21 69 133 -64 278TPS 32 5 3 2 22 59 133 -74 239RoKi 32 2 1 1 28 55 209 -154 9

Resultados

Estatísticas das xogadoras Líderes de anotación miniatura|Michaela Pejzlova (HIFK) foi a máxima puntuadora da liga regular. Ao final da liga regular a xogadora checa do HIFK Michaela Pejzlova finalizou como a mellor puntuadora da liga logo de sumar 71 (30+41) puntos nos 24 partidos que disputou, por diante da súa compañeira de equipo Sanni Vanhanen, que sumou 66 (27+39) en 32 partidos. Polo que respecta aos goles, a xogadora do K-Espoo Lisette Täks sumou 39 goles en 32 partidos, converténdose na máxima goleadora por diante de Holopainen, Pejzlova, Rozier e Nuutinen.

XogadoraEquipo1Michaela PejzlovaHIFK243041712Sanni VanhanenHIFK322739663Emma NuutinenK-Espoo312835634Julia LiikalaHIFK262436605Clara RozierHIFK322929586Elisa HolopainenKalPa193225577Lisette TäksK-Espoo323915548Julia SchalinK-Espoo311137489Johanna JuutilainenKalPa3220264610Kiti SeikkulaHPK32222345

Porteiras