Rocío López García, nada en Lourenzá en 1983, é unha política galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Licenciada en administración e dirección de empresas pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou nunha empresa do sector forestal. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Lourenzá que obtivo 4 concelleiros. Nas municipais de 2015 foi elixida alcaldesa de Lourenzá con maioría absoluta. Volveu ser elixida alcaldesa con maioría absoluta nas municipais de 2019.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Lourenzá
Categoría:Alcaldes de Lourenzá Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Lourenzá Categoría:Nados en 1983