O gosiute é un dialecto da lingua shoshone que foi falado tradicionalmente polo pobo goshute da Gran Conca nos actuais estados de Utah e Nevada. As comunidades modernas de fala gosiute inclúen a reserva india Goshute Reservation e a reserva india de Skull Valley. O shoshone está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
miniatura|Nomes de lugares en gosiute na área do Gran Lago Salgado.
Fonoloxía
Ao contrario doutros dialectos do shoshone, o gosiute ten unha africada interdental [t̪θ] no canto da africada alveolar estridente [ts]. Os falantes de gosiute tamén poden omitir o [h] inicial.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Shoshoni Dictionary (includes Gosiute) Oral history recorded in Gosiute Coyote and Frog story in Gosiute Animal names and anatomical terms of the Goshute Indians (1908)
Categoría:Linguas númicas Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América