Gregory Bruce Jarvis, nado en Detroit, o 24 de agosto de 1944 e finado o 28 de xaneiro de 1986, foi un astronauta estadounidense que formou parte da misión STS-51-L e durante a cal faleceu.
Traxectoria Jarvis graduouse en enxeñaría eléctrica pola Universiade do Estado de Nova York en Buffalo en 1967 e era máster na mesma materia pola Universidade do Nordeste en Boston en 1969. Tiña tamén un máster en xestión pola Universidade da Costa Oeste en Os Ánxeles.
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xullo de 1984 e elixido para a misión STS-51-L, do transbordador espacial Challenger e durante o cal faleceu ao desintegrarse o vehículo pouco despois do lanzamento.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-51-L Accidente do transbordador espacial Challenger
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 1986 Categoría:Nados en Detroit Categoría:Finados na exploración espacial