O Parque Arqueolóxico do Solsticio (en ), tamén coñecido en fontes académicas como AP-CA-18, é un parque arqueolóxico que se atopa no estado de Amapá, no Brasil, preto da cidade de Calçoene. É un exemplo de arte rupestre de interese histórico e turístico coñecido por conter o Observatorio Astronómico de Calçoene.Jornal Folha de S.Paulo, 9 de decembro de 2006, folha A30 (Ciência) Componse dun círculo de megálitos, coloquialmente coñecido como o Stonehenge do Amazonas, de 127 bloques de granito, cada un deles de até 4 metros de altura, de pé nun círculo de máis de 30 metros de diámetro na beira do río Rego Grande no cumio dun outeiro. Os arqueólogos cren que este sitio foi construído por pobos indíxenas con fins astronómicos, cerimoniais ou funerarios, e probablemente unha combinación.
Círculo megalítico O sitio, coñecido pola comunidade científica dende os anos 1950, componse de cando menos 127 rochas dispostas en formato circular, no cumio dun outeiro. Crese que foi construído como un antigo observatorio astronómico polos antigos pobos indíxenas que habitaban a rexión. O círculo megalítico ten 30 m de diámetro, con pedras de granito de até 4 m de altura. Aseméllase a outro círculo megalítico atopado na Güiana Francesa, cuxa datación indica ter máis de 2000 anos de antigüidade. Probabelmente foi construído hai máis de mil anos e usado por, cando menos, 300 anos.
O círculo de Calçoene foi alcumado como o "Stonehenge do Amapá", nunha referencia a Stonehenge, en Inglaterra. As escavacións no lugar, executadas por arqueólogos, comezaron en 2006. Baseándose nas características de anacos de cerámica atopados nos arredores do sitio arqueolóxico, os expertos estiman a súa antigüidade entre 500 e 2000 anos.
Un dos bloques de pedra do círculo megalítico foi situado de maneira que o Sol, durante o solsticio de inverno do hemisferio norte, que ocorre o 21 de decembro, está xusto enriba del facendo que a súa sombra desapareza. Ademais, a posición desta rocha é tal que a proxección de sombras durante todo o día é diminuta. É este aliñamento dun dos bloques de rocha co solsticio de decembro o que levou aos arqueólogos a acreditar que o lugar era un observatorio astronómico, e que ao observar o círculo megalítico de Calçoene está a ollar os restos dunha cultura avanzada.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Search the archive for "'Amazon Stonehenge' found in Brazil: report" as the title, and make sure the date range includes 13 May 2006. It is not free.
Categoría:Sitios arqueolóxicos do Brasil Categoría:Monumentos megalíticos Categoría:Arqueoastronomía