Andrés Pajares Martín (Madrid, 6 de abril, 1940) é un actor, director, guionista e cómico de cine, teatro e televisión español.

Biografía

Comezou como actor cómico en discotecas e nas compañías musicais de Antonio Machín, Manolo Escobar e Tony Leblanc. Encabezaba un cartel por primeira vez con Antonio Casal e actuou con Sara Montiel e Rocío Jurado antes de formar a súa propia compañía de revistas (Más vale pájaro en mano, Del coro al caño, La risa está servida). Alternou os escenarios co café-teatro, especialidade na que acadou un peculiar protagonismo, e gravou varios discos ao mesmo tempo.

Tamén participou en numerosos programas de televisión, sobre todo cun personaxe, El currante, que el mesmo fixo de película anos despois.

En 1979 comezou a traballar no cine xunto a Fernando Esteso. Pajares e Esteso traballaron xuntos en once películas con Mariano Ozores como director, con eles acadaron gran repercusión e popularidade a nivel nacional. A parella traballou no cine ata 1983, cando rodaron La Lola nos lleva al huerto, a súa última película xuntos. Catro anos máis tarde reencontraronse, esta vez no escenario, na obra La extraña pareja, de Neil Simon, dirixida por José Osuna .

Xa separado profesionalmente de Fernando Esteso, continuou traballando como actor de cine e televisión. En 1990 chegou ao punto culminante da súa carreira como actor grazas a ¡Ay, Carmela!, coa que gañou, entre outros, un Goya do Academia e o premio ao mellor actor no festival Montreal.

En 1996 participou como actor, xunto a María Barranco, en Bwana e, posteriormente, en producións televisivas como ¡Ay, Señor, Señor! (1994 -1995) e Tío Willy (1998-1999).

Ademais da súa traxectoria profesional, tamén é coñecido en España pola súa vida privada e familiar. De cando en vez vese nalgúnha das televisións en programas do corazón e tamén en revistas de prensa rosa.

En 2008, coincidindo cos seus cincuenta anos de traxectoria artística,Página Web oficial estreou a obra A mi manera de hacer, no que recreou os seus números máis populares. Pouco despois da súa estrea, o 28 de febreiro dese mesmo ano, a obra foi parada por problemas persoais do actor, aínda que máis tarde protagonizou a segunda parte de "Oro de Moscu", a película "La daga de Rasputin" dirixida por Jesús Bonilla, con grande éxito de recadación. Andrés Pajares é actualmente o decano dos actores cómicos españois.

Vida privada Casou coa actriz Carmen Burguera, da que quedou viúvo en 1973 e coa que tivo o seu fillo Andrés Burguera (1966). En 1975 casou con Ascensión «Chonchi» Alonso, nai da súa filla Mari Cielo (1976), separáronse en 1997. Despois tivo unha relación con Conchi Jiménez entre 1997 e 2003. En marzo de 2003 anunciou que tiña outra filla chamada Eva, nacida en 1971. A súa última relación sentimental coñecida é, desde 2016, coa súa secretaria, Juana Gil. O 5 de decembro de 2019 casou con ela civilmente.

Premios

Premios Goya Ano Categoría Película Resultado 1990 Mellor actor ¡Ay, Carmela! Gañador

Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos Ano Categoría Película Resultado1991]] Mellor actor ¡Ay, Carmela! Gañador

Filmografía Actor El marino de los puños de oro - 1968 La vida sigue igual - 1969 Un adulterio decente - 1969 Los extremeños se tocan - 1970 En un mundo nuevo - 1972 Los novios de mi mujer - 1972 ¡Qué cosas tiene el amor! - 1973 Me has hecho perder el juicio - 1973 Cómo matar a papá sin hacerle daño - 1974 Un lujo a su alcance - 1975 En el Frente Miñano - 1975 Los bingueros - 1979 Los energéticos - 1979 Yo hice a Roque III - 1980 El liguero mágico - 1980 Los chulos - 1981 ¡Qué gozada de divorcio! - 1981 Los liantes - 1981 Brujas mágicas - 1981 Todos al suelo - 1982 Cristóbal Colón, de oficio... descubridor - 1982 Padre no hay más que dos - 1982 El currante - 1983 Agítese antes de usarla - 1983 La Lola nos lleva al huerto - 1984 Playboy en paro - 1984 La Hoz y el Martínez - 1984 El Donante - 1985 Moros y cristianos - 1987 El embarazado - 1987 Desmadre matrimonial - 1987 ¡Ay, Carmela! - 1990 Makinavaja, el último choriso - 1992 Semos peligrosos (uséase Makinavaja 2) - 1993 Bwana - 1996 Náufragos - 1997 Grandes ocasiones - 1998 El oro de Moscú - 2003 Tiovivo c. 1950 - 2004 Mi mujer me pone los cuernos... o no - 2009 La daga de Rasputín - 2011 Torrente 5 - 2014

Director El donante - (1985) El embarazado - 1987 Desmadre matrimonial - 1987 Náufragos - 1997

Guionista Antoñito José, genio y figura - 1988 Desmadre matrimonial - 1989 Náufragos - 1997

Televisión

Pajares & CIA Docuserie (Atresplayer Premium, 2022) Paquita Salas (Flooxer/Netflix, 2016-presente) ¡Arriba ese ánimo! (La 1, 2012) Especial noitevella 2003: Regreso ao 2004: O día de fin de ano (La 1, 2003) Tío Willy (La 1, 1998-1999) Gran gala de la Hispanidad (Telecinco, 1996) ¡Ay, Señor, Señor! (Antena 3, 1994-1995) Especial Noitevella1990: Uno menos pa el 92 (La 1, 1992) Especial Noitevella 1982 (La 1, 1982) Ding-Dong (La 1, 1980) Especial Noitevella 1979 (La 1, 1979) 625 líneas (La 1, 1976-1978) Especial Noitevella 1978 (La 1, 1979) Especial Noitevella 1975 (La 1, 1975) Especial Noitevella 1974: Feliz aninovo (La 1, 1974) Pajareando (La 1, 1970) Especial Noitevella 1969: Felices anos 70 (La 1, 1970)

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Categoría:Humoristas da Comunidade de Madrid Categoría:Actores de televisión de España Categoría:Directores de cinema de España Categoría:Nados en Madrid