miniatura|A Gioconda pintura do renacemento por Leonardo da Vinci é un dos cadros máis recoñecidos do mundo. miniatura|A carreta de argazo. de Serafín Avendaño unha mostra da pintura galega no Museo de Pontevedra

A pintura é a arte da representación gráfica utilizando pigmentos mesturados con outras substancias aglutinantes orgánicas ou sintéticas, en forma líquida a unha superficie bidimensional, co fin de coloreala, atribuíndolle matices, tons e texturas. Nesta arte empréganse técnicas de pintura, coñecementos de teoría da cor e de composición pictórica, e o debuxo. Nun sentido máis específico, a práctica da arte de pintar, consiste en aplicar, nunha superficie determinada -unha folla de papel, un lenzo, un muro (pintura mural ou de frescos), unha madeira, un fragmento de tecido etc.- unha técnica determinada, para obter unha composición de formas, cor, texturas, debuxos etc. dando lugar a unha obra de arte segundo algúns principios estéticos.

Na arte, o termo "pintura" describe tanto o acto como o resultado da acción (a obra final chámase "pintura"). O soporte para as pinturas inclúe superficies como paredes, papel, lenzo, madeira, vidro, laca, cerámica, follas, cobre e formigón, e a pintura pode incorporar outros materiais, en forma única ou múltiple, incluíndo area, arxila , papel, cartón, xornal, xeso, pan de ouro e mesmo obxectos enteiros.

A pintura é unha forma importante de arte visual, que incorpora elementos como o debuxo, a composición, a xestualidade, a narración e a abstracción. As pinturas poden ser naturalistas e representativas (como nos retratos, natureza morta e pintura paisaxística, aínda que estes xéneros tamén poden ser abstractos), fotográficas, abstractas, narrativas, simbolistas (como na arte simbolista), emotivas (como no expresionismo) ou de natureza política (como no artivismo).

Unha parte significativa da historia da pintura tanto na arte oriental como na occidental está dominada pola arte relixiosa. Os exemplos deste tipo de pintura van desde obras de arte que representan figuras mitolóxicas en cerámica, até escenas bíblicas no teito da Capela Sixtina, pasando por escenas da vida de Buda (ou outras imaxes de orixe relixiosa oriental).

O arquitecto e teórico do clasicismo André Félibien, no século XVII, nun prólogo das Conferencias da Academia francesa fixo unha xerarquía dos xéneros da pintura clásica: «a historia, o retrato, a paisaxe, os mares, as flores e os froitos».

A pintura é unha das expresións artísticas máis antigas e unha das sete Belas Artes, e está incluída como materia na maior parte das licenciaturas nesta disciplina. En estética ou teoría da arte modernos a pintura está considerada como unha categoría universal que comprende todas as creacións artísticas feitas sobre superficies. Unha categoría aplicable a calquera técnica ou tipo de soporte físico ou material, incluíndo os soportes ou as técnicas efémeras así como os soportes ou as técnicas dixitais.

A pintura é considerada por moitos como un dos soportes artísticos tradicionais máis importantes; moitas das obras de arte máis importantes do mundo, tales como a Mona Lisa, son pinturas.

Diferénciase do deseño polo uso dos pigmentos líquidos e do uso constante da cor, mentres aquel apropiase principalmente de materiais secos.

Definición Unha pintura é o soporte pintado sobre un muro, un lenzo, ou unha lámina. A palabra pintura aplícase tamén á cor preparada para pintar, asociada ou non a unha técnica de pintura; neste sentido é empregado na clasificación da pintura atendendo ás técnicas de pintar, por exemplo: «pintura ao fresco» ou «pintura ao óleo».

A clasificación da pintura pode atender a criterios temáticos (como a «pintura histórica» ou a «pintura de xénero») ou a criterios históricos baseados nos períodos da Historia da Arte (como a «pintura prehistórica», a «pintura gótica») e en xeral de calquera período da historia da pintura.

As pinturas son obras de arte, atendendo ao seu sentido estético Ernst Gombrich di que:Gombrich 2002: p.15 E parafraseando a Arnold Hauser: Ernst Bloch en Geist der Utopia (O espírito da utopía) (1918), defende a arte non figurativa, relacionándoa cunha concepción utópica do home, como un destino non revelado pero presente de forma inconsciente no máis profundo do ser humano.Givone 2001: p.117 Erwin Panofsky e outros historiadores da arte, analizan o contido das pinturas mediante a iconografía (forma) e a iconoloxía (o seu contido), primeiro trátase de comprender o que representa, logo o seu significado para o espectador e, a continuación, analizan o seu significado cultural, relixioso e social máis amplamente.

Historia

A historia da pintura comprende desde a prehistoria ata a Idade Contemporánea, e inclúe todas as representacións realizadas coas diferentes técnicas e cambios, que coincide coa historia da arte no seu contexto histórico e cultural.

As pinturas máis antigas coñecidas teñen máis de 40.000-60.000 anos de antigüidade (arte do Paleolítico Superior) e atópanse nas covas do distrito de Maros (Célebes, Indonesia). As máis antigas adoitan construírse con estarcidos feitos a man e formas xeométricas simples.M. Aubert et al., "Pleistocene cave art from Célebes, Indonesia", Nature vol. 514, pp. 223–227 (9 de outubro de 2014). "Usando a datación en series de uranio de espeleotemas coraloides directamente asociados con 12 estarcidos de mans humanas e dúas representacións figurativas de animais de sete xacementos de covas nos carsos de Maros en Célebes, demostramos que as tradicións da arte rupestre nesta illa indonesia son polo menos compatibles en idade coa arte europea máis antiga. A imaxe máis antiga datada de Maros, cunha idade mínima de 39,9 millóns de anos, é agora o estarcido de man máis antigo coñecido do mundo. Ademais, unha pintura dun babirusa ("cervo-porco") feita hai polo menos 35,4 millóns de anos está entre as representacións figurativas datadas máis antigas do mundo, se non a máis antiga. Entre as implicacións, agora pódese demostrar que os humanos estaban a producir arte rupestre hai ~40 millóns de anos en extremos opostos do mundo eurasiático do Plistoceno."

miniatura|Réplica dunha pintura rupestre feita no teito da cova de Altamira exposta no Deutches Museum de Múnic En novembro de 2018, os científicos informaron do descubrimento da pintura de arte figurativa máis antiga coñecida daquela, de máis de 40.000 (quizais ata 52.000) anos de antigüidade, dun animal descoñecido, na cova de Lubang Jeriji Saléh, na illa de Borneo, en Indonesia. En decembro de 2019, descubríronse pinturas rupestres que representaban a caza de porcos na rexión de Maros-Pangkep nas Célebes (Indonesia) que eran aínda máis antigas, cunha idade estimada de polo menos 43.900 anos. Este achado foi recoñecido como "a representación máis antiga coñecida na narración de historias e o exemplo máis antigo de arte figurativa da historia da humanidade". En 2021, informouse do achado de arte rupestre dun porco nas Célebes e datado de hai máis de 45.500 anos. O 3 de xullo de 2024, a revista Nature publicou os resultados dunha investigación que indicaban que as pinturas rupestres do sitio arqueolóxico da Leang Karampuang, que representan figuras antropomórficas interactuando cun porco e miden 91 por 38 cm, teñen aproximadamente 51.200 anos de antigüidade, o que as converte nas pinturas máis antigas coñecidas do mundo.

A chamada arte parietal consiste en pintura mural feita dentro de covas, esta concéntrase fundamentalmente nalgunhas rexións pirenaicas pertencentes a Francia e España e na costa mediterránea a arte levantina, outras mostras inferiores atópanse en Portugal, Norte de África, Italia e Europa Oriental. As pinturas rupestres máis antigas coñecidas atópanse na cova de Chauvet, en Francia, datadas por algúns historiadores nuns 32.000 anos, entre os períodos Auriñaciense e Gravetiense. Foron realizadas con ocre de arxila, vermello de óxido de ferro e negro de dióxido de manganeso. Tamén é salientábel as pinturas realizadas nas covas de Lascaux e Altamira. Atópanse debuxados rinocerontes, leóns, búfalos, mamuts, cabalos ou seres humanos a miúdo en actitude de caza.Sureda 1988: pàx.60-75

As imaxes que se poden contemplar nas paredes das tumbas exipcias, remóntanse a uns 5.000 anos, son escenas da vida cotiá e de carácter mitolóxico, simbolizadas cos trazos característicos de perfil e utilizando o tamaño das figuras como rango social. Na Roma Antiga|Antiga Roma era normal decorar os muros das casas e palacios principais e entre as mellor conservadas atópanse as de Pompeia e Herculano. Na época paleocristiá decoráronse as catacumbas con escenas do Novo Testamento e coa representación de Xesús como o «Bo Pastor». Eran figuras estáticas con grandes ollos que parecían mirar ao espectador. Este estilo continuou na escola bizantina de Constantinopla. A pintura románica desenvólvese entre os séculos XII e XIII, sendo as zonas máis interesantes as do sur de Francia e as de Cataluña, a maioría das veces eran temas relixiosos realizados para os ábsidas e muros das igrexas con representacións do Pantocrátor, a Virxe María e a vida dos santos. En pintura gótica ademais dos temas relixiosos represéntanse temas laicos principalmente en Francia e Italia, onde destacou a figura do pintor Giotto.La Gran enciclopèdia en català 2004 Volume XVI

No renacemento tivo a pintura unha grande influencia clásica, desenvolveuse a perspectiva lineal e o coñecemento da anatomía humana para a súa aplicación na pintura, tamén nesta época apareceu a técnica do óleo. Foi unha época de grandes pintores entre os que destacaron Leonardo da Vinci, Michelangelo, Rafael Sanzio e Tiziano. Na obra da Gioconda sobresaen as novas técnicas empregadas por Leonardo, o sfumato e o clarescuro. Michelangelo realizou unha das máis grandes obras pictóricas: os frescos da Capela Sistina. Os artistas que máis empregaron temas simbólicos foron os do Norte de Europa encabezados polos irmáns Jan van Eyck e Hubert van Eyck. En Alemaña sobresaíu o pintor e humanista Durero.

miniatura|Hipnotizador (1912), de Bohumil Kubišta (Ostrava). Pintura do expresionismo con mestura do cubismo. A Igrexa da contrarreforma busca a arte relixiosa auténtica coa que quere contrarrestar a ameaza do protestantismo, e para esta empresa as convencións artificiais dos manieristas, que dominaran a arte durante case un século, xa non parecían adecuadas. As dúas características máis importantes do manierismo eran o rexeitamento das normas e a liberdade na composición, nas cores e nas formas, a novidade dos caravaggistas era un naturalismo radical que combinaba a observación física detallada cunha aproximación, ata teatral e dramática mediante o clarescuro, o uso de luz e sombra. Caravaggio e Annibale Carracci son dous pintores coetáneos, considerados decisivos na conformación pictórica do barroco. A pintura barroca caracterízase polo dinamismo das súas composicións; distinguíronse entre outros Velázquez, Rubens e Rembrandt. Na primeira metade do século XVIII impúxose o rococó, máis alegre e festivo que o barroco. Tivo especial importancia en Francia e Alemaña.

O romanticismo de principios do século XIX expresaba estados de ánimos e sentimentos intensos. En Francia o pintor máis importante foi Eugène Delacroix; no Reino Unido, Constable e Turner; nos Estados Unidos, Thomas Cole; e en España, Francisco de Goya. Coa invención da fotografía a mediados do século XIX, a pintura empezou a perder o seu obxectivo histórico de proporcionar unha imaxe realista; o impresionismo, con Manet como precursor, é un estilo de pinceladas soltas e xustaposición de cores que busca reconstruír un instante percibido, unha impresión, sen interesarse polos detalles concretos.Historia Universal del Arte-V.8 1984: p.1109