Sica é un filme español de 2023 escrito e dirixido por Carla Subirana. O filme rodouse na Costa da Morte e presentouse na 73ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín en febreiro de 2023, concretamente na sección "Generation". Foi o filme de peche do Festival Internacional de Barcelona-Sant Jordi en abril de 2023.
Sinopse O filme explica a busca realizada por unha moza de 14 anos, Sica, obsesionada con que o mar devolva o cadáver do seu pai logo dun naufraxio na Costa da Morte, en Galicia. Sica busca obsesivamente a voz do seu pai nun gran buraco: a Furna das Grallas.
Personaxes Thais García Blanco como Sica. Núria Prims como Carmen. Marco Florido como Carmen. María Villaverde como Leda. Lois Soaxe como o portugués. Toni Porras como Julio.
Produción A música é de Xavier Font e a fotografía de Mauro Herce. A produción, de Alba Sotorra, Miramemira, Zuzú Cinema, Amorambre Films e Filmmarket Fund, contou coa participación de TV3. Foi rodado maioritariamente en galego e tamén en catalán. O filme foi rodado en varias localizacións da Costa da Morte e a súa contorna, concretamente nas Illas Lobeiras, Camariñas, Malpica, Vimianzo, Ponteceso e Mazaricos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de filmes en galego con maior recadación
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes en lingua catalá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes ambientados en Galicia Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes sobre a viuvez