José María Fuentes Fernández, coñecido como Chema Fuentes, nado en Outes cara a 1952 e finado en Santiago de Compostela o 4 de decembro de 1972, foi un estudante galego.
Traxectoria Fillo do médico Fernando Fuentes Rolao e de Fanny Fernández Hermoso. Fixo o bacharelato no colexio La Salle. Estudante de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, o sábado 4 de decembro de 1972 saíu a cear en Compostela cos compañeiros de facultade, e despois foron a roldar como membros da tuna a unhas compañeiras que vivían nunha residencia na rúa Doutor Teijeiro, preto da clínica Álvarez. O subinspector da policía nacional de paisano Luis Miguel Quiroga Bouzo disparoulle de socato e polas costas, e faleceu practicamente no acto. A versión oficial afirmaba que os axentes da Policía nacional perseguían uns ladróns, dispararon ao aire e un dos tiros alcanzou accidentalmente a José María Fuentes."Nota del Gobierno civil sobre la muerte de un joven por un disparo, en Santiago", La Voz de Galicia, 5-12-1972, p. 13. Logo da súa morte houbo mobilizacións na universidade, cortes de tráfico, cócteles molotov, pechouse a universidade e a presión social obrigou a que se recoñecesen os feitos."Ayer no hubo clases en la mayor parte de las facultades de Santiago", La Voz de Galicia, 7-12-1972, p. 19. O seu enterro en Outes constituíu unha manifestación multitudinaria."Gran manifestación de duelo en el sepelio del estudiante don José María Fuentes", La Voz de Galicia, 6-12-1972, p. 22.
O policía autor da morte foi trasladado a Ourense, pero a instancias do Xulgado de Instrución de Santiago de Compostela foi detido tres días despois e quedou retido nos calabozos da comisaría. Foi acusado de asasinato con aleivosía e xulgado na Audiencia Provincial da Coruña o 3 de xullo de 1973 con presenza de correspondentes de prensa estranxeiros."El día 3 de julio se celebrará el juicio por la muerte de un estudiante en Santiago", La Voz de Galicia, 13-6-1973, p. 4. Foi considerado culpable dun delito de homicidio coa agravante de abuso de superioridade pola súa condición de membro das forzas de orde e por portar unha arma; cualificandose a súa acción como “un exceso de celo no exercicio das súas funcións” ao considerar que “non se requiría o uso da forza” e moito menos o emprego “da arma reglamentaria” que portaba. Foi condenado a 17 anos, 4 meses e 1 día de cadea e a indemnizar á familia da vítima con 700 000 pesetas, que tivo que desembolsar o Goberno franquista pois os xuíces consideraron ao Estado responsable civil subsidiario."Diecisite años de reclusión para el autor de la muerte de un estudiante, en Santiago", La Voz de Galicia, 12-7-1973, p. 17. En 1977 recibiu a liberdade condicional. Homenaxe
O 4 de decembro de 2022, no seu 50 cabodano, a asociación Terra de Outes e o Concello de Outes organizaron un acto de homenaxe no que participaron familiares, veciños e representantes da sociedade civil. O alcalde Manuel González López leu unha declaración institucional condenando o asasinato de Chema Fuentes e en defensa dos valores da democracia e dos dereitos humanos. Descubriuse unha placa conmemorativa na praza da Cruz da Serra, nas inmediacións da casa familiar de Chema Fuentes.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Outes
Categoría:Nados en 1952 Categoría:Finados en 1972 Categoría:Asasinatos en Galicia Categoría:Vítimas Categoría:Franquismo en Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes