José María Montero Martínez, coñecido como Enterrador, nado en Mugardos cara a 1898 e finado en Ferrol o 27 de xaneiro de 1938, foi un político galego.
Traxectoria Veciño de Meá. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, con Juan José Romero Ramos, Jesús Planas Rodríguez, Juan José Teijeiro Leira, Francisco Loureda Silvar, Ramón Díaz Pena, Agustín Veiga Hermida, Rogelio Casal Pérez, Juan Carnero Vázquez e José Rivas Fariña, asaltaron o pazo de Piñeiro na procura de armas o 21 de xullo; no tiroteo cos moradores morreron un dos donos e un crego. Foi detido e procesado. Xulgado por un tribunal militar en Ferrol os días 1, 2 e 3 de decembro de 1937 acusado de rebelión polos sucesos do pazo do Piñeiro,El Correo Gallego, 1-12-1937, p, 1.El Pueblo Gallego, 4-12-1937, p. 5. foi condenado a pena de morte. Foi executado no castelo de San Filipe o 27 de xaneiro de 1938 canda Amada García, Antonio Eytor Canizo, Ángel Roldos Gelpi e Juan José Teijeiro Leira de Mugardos; Jaime González Pérez e Ramón Rodríguez López de Ares; e Germán López García de Cabanas.El Eco de Santiago, 29-1-1938, p. 2. Abríronlle expediente de responsabilidade civil en xuño de 1938.El Ideal Gallego, 10-6-1938, p. 3.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas O Pazo do Piñeiro como excusa
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Mugardos Categoría:Nados en 1898
Categoría:Finados en 1938 Categoría:Fusilados