A lingua yaqui (ou hiaki), coñecida localmente como yoeme ou yoem noki, é unha lingua nativa americana da familia uto-azteca. Fálana uns 20.000 membros do pobo yaqui, no estado mexicano de Sonora e alén da fronteira en Arizona, nos Estados Unidos. É parcialmente intelixible coa lingua mayo, tamén falada en Sonora, e xuntas compoñen o grupo de linguas cahitas. Segundo datos do censo de 2020 en México tiña 20.000 falantesLenguas indígenas y hablantes de 3 años y más, 2020 INEGI. Censo de Población y Vivienda 2020. e nos Estados Unidos 640 máis. O yaqui está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Revitalización e ensino da lingua En 2009, o Consello Tribal Pascua Yaqui e a Universidade de Arizona colaboraron nun programa no que os anciáns das tribos ensinan a lingua yaqui ás familias. A partir de 2010, estaba en marcha un proxecto de revitalización na universidade, "usando cintas de hai 30 anos gravadas pola membro da tribo Maria Leyva". A partir de 2012, "Calquera material didáctico, ferramentas, leccións, arquivos sonoros, etc.", no sitio web da Tribo Pascua Yaqui estaba "restrinxido só a 'Membros inscritos tribalmente'".

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Linguas de México Bibliografía

Estrada Fernández, Zarina (2004). Diccionario yaqui-español y textos: Obra de preservación lingüística. Sonora, México: Universidad de Sonora/Plaza y Valdés Editores Johnson, Jean Bassett (1962, posthumous). El Idioma Yaqui. México DF: Instituto Nacional de Antropología e Historia. Shaul, David L. (1999). Yoeme-English English-Yoeme Standard Dictionary. New York: Hippocrene Books.

Ligazóns externas Yaqui Vocabulary List , from the World Loanword Database Yaqui Indian Language (Yoeme)

Categoría:Linguas uto-aztecas Categoría:Revitalización de linguas nativas americanas Categoría:Linguas de México Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América Categoría:Linguas aglutinantes