miniatura|dereita|55px 70px O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Nicaragua, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Nicaragua ratificou a convención o 17 de decembro de 1979, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade Rexión: de Nicaragua Ano da inclusión: na lista da UNESCO Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VII) a (X) son naturais.

Nº Nome Imaxe Localización Ano da inclusión 01León Viejo200px|Departamento de León 2000 613; III, IV (cultural)02Catedral da Asunción de León200px|Departamento de León 2011 1236; II, IV (cultural)

Lista provisional Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisional que poidan considerar para a súa candidatura. As candidaturas para a Lista do Patrimonio Mundial só se aceptan se o sitio xa figuraba previamente na lista provisional. En xuño de 2025, Nicaragua incluíu cinco bens na súa lista provisional.

+ Sitios provisionais Sitio Imaxe Localización (departamento) Ano de inclusión Criterios da UNESCO DescriciónFortaleza da Inmaculada Concepción150pxDepartamento de Río San Juan1995(mixto)A Reserva Natural "Caios Miskitos" 150pxRexión Autónoma do Atlántico Norte1995(natural)A Reserva Natural "Bosawás"Departamento de Jinotega, Rexión Autónoma do Atlántico Norte1995(natural)Parque Nacional Volcán Masaya 150pxDepartamento de Managua, Departamento de Masaya1995(natural)Cidade de Granada e a súa contorna natural150pxDepartamento de Granada2003(mixto)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Patrimonio da Humanidade por país