Blanquita é un filme de 2022 e coprodución internacional dirixido por Fernando Guzzoni e protagonizado por Alejandro Goic, Amparo Noguera, Marcelo Alonso, Daniela Ramírez e Ariel Grandón. O filme tivo a súa estrea internacional o 4 de setembro de 2022 no Festival Internacional de Cinema de Venecia, na sección "Horizons", onde gañou o premio ao mellor guión. Estreouse o 9 de decembro en Cinema Village de Nova York e en Laemmle Glendale dos Ánxeles. Foi escollido como candidato de Chile para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse O filme baséase nun escándalo de prostitución infantil real, o caso Spiniak, que sacudiu a Chile a comezos dos anos 2000, e narra a historia de Blanquita (Laura López), unha residente dunha casa de acollida de 18 anos, que se converte na testemuña clave dun escándalo no que están involucrados poderosos empresarios e políticos.
Personaxes Laura López como Blanquita Alejandro Goic Amparo Noguera Marcelo Alonso Daniela Ramírez Ariel Grandón
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Chile propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Chile Categoría:Filmes de México Categoría:Filmes de Luxemburgo Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Polonia Categoría:Filmes baseados en feitos reais