Cinema Sabaya () é un filme israelí de 2021 dirixido por Orit Fouks Rotem e producido por Green Productions. Está protagonizado por Dana Ivgi, Amal Murkus, Marlene Bejali, Ruthie Landau, Haula Haj-Divsi, Joanna Said, Yulia Tagil, Asil Farhat, Orit Samuel e Liora Levy. Foi escollido como candidato de Israel para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. Gañou un premio Ophir ao mellor filme (xunto con outros catro premios Ophir máis). Antes diso, gañou o premio Best Debut Film no Festival de Cinema de Xerusalén. O 8 de marzo de 2022, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, o filme foi escollido para unha proxección especial en Beit HaNassi, a residencia do presidente israelí. En novembro de 2022 foi recollido por Kino Lorber para ser distribuída en América do Norte.
Personaxes Dana Ivgi como director Liora Levy como muller solitaria Marlene Bajali como anciá árabe Yulia Tagil como israelí de orixe rusa Ruthie Landau como bibliotecaria Orit Samuel como muller casada Amal Murkus como activista Asil Farhat como moza palestina Joanna Said como nai
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Israel propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua hebrea Categoría:Filmes en lingua árabe Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Israel Categoría:Filmes rodados en Israel