Nancy Fraser, nada en Baltimore (Maryland) o 20 de maio de 1947, é unha filósofa política, intelectual pública e feminista estadounidense. Exerceu como profesora de ciencias políticas e sociais. Na actualidade é profesora de filosofía en The New School en Nova York. É ampliamente coñecida polas súas críticas e contribucións teóricas no ámbito da filosofía política, especialmente en cuestións de política da identidade, sobre o construto de xusticia social e a teoría feminista.

Concepto de xusticia social Fraser considera a xustiza social como un concepto complexo que comprende varias dimensións interrelacionadas: a distribución de recursos, o recoñecemento e a representación. En termos xerais, Fraser defende un enfoque neopragmático que permita unha análise democrática das institucións e dos movementos sociais. As súas contribucións teóricas baséanse na teoría feminista, a teoría crítica e o posestructuralismo.

Fraser argumenta que un gran número de movementos sociais nos anos 60 e 70 fixeron afirmacións relacionadas coa raza, o xénero, a orientación sexual e a etnia. Neste contexto, o enfoque en corrixir o non recoñecemento destas cuestións eclipsou a importancia dos problemas de mala distribución. O foco excesivo nas cuestións de identidade desviou a atención dos efectos do neoliberalismo, da acumulación de capital e da crecente desigualdade económica que caracteriza a moitas sociedades.

O posicionamento feminista de Nancy Fraser Nun traballo recente, Fraser vai máis aló e relaciona o estreitamento do foco nas cuestións da identidade coa crecente brecha entre ricos e pobres, aludindo particularmente ao feminismo liberal, ao cal Fraser chama "servente (handmaiden) do capitalismo". Reflexionando sobre o libro Lean In, de Sheryl Sandberg, a autora explica que:

Notas

Categoría:Nados en Baltimore Categoría:Profesores da Universidade do Noroeste

Categoría:Feministas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1947