miniatura|Little Joe II engalando o 8 de decembro de 1964. Little Joe II foi o nome dunha serie de foguetes da NASA para facer probas suborbitais con cápsulas do proxecto Apollo.

Características Os foguetes Little Joe II usáronse para probar as cápsulas do proxecto Apollo e en particular a torre de escape que debía poñer a salvo ao astronauta se algo ía mal durante a engalaxe, de igual xeito que os Little Joe se usaron para o mesmo fin coas cápsulas do proxecto Mercury. Os Little Joe II estaban deseñados por General Dynamics e usaban entre seis e nove motores de propelente sólido. Tiñan unhas dimensións de 26,20 m de altura e 3,96 m de diámetro e podían enviar as cápsulas Apollo en voos suborbitais ata a 23 km de altura.

Lanzáronse catro Little Joe II entre 1963 e 1966, fallando un deles.

Historial de lanzamentos

VooDataCargaResultadoNotas128 de agosto de 1963QTVÉxito213 de maio de 1964BP 12Éxito38 de decembro de 1964BP 23Éxito419 de maio de 1965BP 22Fallo520 de xaneiro de 1966CM 002ÉxitoÚltimo lanzamento dun Little Joe II

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Proxecto Apollo Little Joe

Categoría:Foguetes espaciais