García MC é o nome artístico de Serxio Regos un rapeiro e MC galego.
Traxectoria Comeza a rapear as súas propias letras con 13 anos, na adolescencia, forma parte do proxecto musical de rap Ghamberros, editando un disco en 2004. Tamén é un dos fundadores do famoso Dios Ke Te Crew en 2003, co que realizan unha ampla xira por Galicia, toda España e Cuba. De 2006 a 2016 participou activamente tanto no proxecto Dios Ke Te Crew como no Labregos do tempo dos Sputniks, así como na súa iniciativa en solitario.
Ten a súa pegada en ducias de discos de grupos eclécticos do panorama musical galego contemporáneo. Fixo cancións dos poemas de Celso Emilio Ferreiro e formou parte da Banda Fura Fura (Homenaxe a Zeca Afonso). En 2012 edita Abaixo e de pé facendo unha ampla xira de presentación tamén en México. Levou o rap galego a lugares como Dinamarca, Guinea-Bissau ou Portugal. En decembro de 2013 publicou "Abaixo e de Remix" remixes de Abaixo e de pé. A principios de 2016 saíu Libremente, disco que pechaba unha década da carreira de Labregos do Tempo dos Sputniks. En 2021 saca o seu último álbum Arquipélago Quilombo con Nación Quilombo, en 2023 sacou dous sinxelos "Latexo" e "Quen son eu?".
Tamén é un educador independente, imparte obradoiros e xornadas sobre cultura hip hop durante máis dunha década.
Notas
Véxase tamén
Dios Ke Te Crew Labregos do tempo dos Sputniks
Categoría:Rapeiros de Galicia Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Cantantes en lingua galega