Xoán Xosé Castaño Conde, nado en Catoira, é un político e mestre galego do BNG.

Traxectoria Mestre. Nos anos 80 foi presidente da Sociedade de Caza e do Club CatoiraNova en La Voz de Galicia ed. Pontevedra, 3-5-1987 p. 30.. Encabezou a candidatura do BNG nas eleccións municipais de 1987 e foi elixido concelleiro, manténdose na corporación ata a súa dimisión en maio de 1990Nova en La Voz de Galicia ed. Arousa, 10-5-1990 p. 30.. Nas municipais de 2003 foi número 2 da candidatura do BNG e foi elixido concelleiro. Concorreu no posto número 5 en 2007 e 2011 sen resultar elixido, ata que trala dimisión dunha compañeira en abril de 2012 asumiu a acta de concelleiro, pasando a ser ademais portavoz municipal e único representante do BNG trala marcha dos outros dous concelleiros nacionalistas a Compromiso por Galicia. Encabezou a candidatura do BNG nas municipais de 2015 e mantivo os 3 concelleiros logrados catro anos atrás, sendo de novo a segunda forza tralo PSdeG de Alberto García, que revalidou a maioría absoluta.

Nas municipais de 2019 encabezou de novo a candidatura do BNG e obtivo de novo 3 concelleiros, cunha lixeira subida de votos, sendo de novo segunda forza política. Nesta ocasión o PSdeG perdeu a maioría absoluta (5 concelleiros), e foi elixido alcalde grazas ao apoio dos 3 concelleiros do PPdeG, pese ás indicacións da dirección nacional dos nacionalistas para que non recibise o apoio dos populares, chegando a ser expedientado Porén, a súa relación co candidato conservador, Iván Caamaño, foise deteriorando ao non recibir este contraprestación algunha polo seu apoio, xa que optou por gobernar en minoría e non formar unha coalición co PPdeG. Desta forma, en marzo de 2020 anunciouse unha moción de censura que lle devolvería a alcaldía aos socialistas co apoio dos populares, a cal decaeu trala dimisión do propio Castaño no mes de maio. Desta forma, o socialista Alberto García retornou á alcaldía como cabeza da lista máis votada tras non producirse un novo acordo entre o BNG e o PPdeG.

Nas municipais de 2023 encabezou de novo a candidatura do BNG e recuperou a alcaldía con maioría absolutaFin de la era García en Catoira: El nacionalista Xoán Castaño empuña ahora el bastón.

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Eleccións municipais en Catoira Ligazóns externas Xoán Castaño alcanza una mayoría absoluta histórica para el BNG en Catoira

Categoría:Alcaldes de Catoira Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Catoira