María del Carmen Carmela López Moreno, nada en Burela en 1982, é unha política galega do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Enxeñeira técnica de Informática de xestión. Traballou na empresa privada, nos últimos anos en concreto na administración de terreos. Nas eleccións municipais de 2019 foi candidata do PSdeG-PSOE e foi elixida concelleira. Foi segunda tenente de alcalde e responsable das áreas de Servizos Sociais e Mar. En febreiro de 2023 foi elixida como candidata do PSdeG para as municipais de 2023, nas cales logrou a vitoria por maioría simple. Desta forma, foi elixida alcaldesa de Burela (a primeira muller alcaldesa) acadando un pacto de goberno co BNG.

A comezos de xaneiro de 2026 foi elixida polo PSOE para presidir a Deputación de Lugo substituíndo a José Tomé sendo investida o 14 de xaneiro co apoio do BNG.

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Eleccións municipais en Burela

Ligazóns externas ¿Quién es Carmela López, la mujer que aspira a gobernar en Burela?

Carmela López Moreno: “aprendín moito sobre xestionar a participación cidadá e tamén como coordinar un grande equipo de persoas”

Categoría:Alcaldes de Burela Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Burela Categoría:Nados en 1982