Moeda dun centavo de dólarIndian Head "1 Cent "Indian Head Cent" without shield". Numista.com"1 Cent "Indian Head Cent" with shield". Numista.com"1 Cent "Indian Head Cent"". Numista.com"Indian Cent Specifications". Indianheadcent.org130x130pxAnverso común(1859-1909)Cabeza da Liberdade con toucado indio.Data no exergo.UNITED STATES OF AMERICA130x130px130x130px1º reverso (1859)Valor facial.Coroa de loureiro.ONE CENT2º reverso (1860-1909)Valor facial.Coroa de carballo e escudo.ONE CENT Datas de emisión: 1859-1909. Gravador: James Barton Longacre. Ceca: US Mint: Filadelfia (sen marca) e San Francisco (S). Tiraxe: 1.849.836.531 exemplares (+ 102.857 proof). Aliaxe: 88% Cu, 12% Ni (1859-1864) / 95% Cu, 5% Sn e Zn (1864-1909). Diámetro: 19,05 mm. Peso: 4,67 g (1859-1864) / 3,11 g (1864-1909). Canto: liso.

O centavo de dólar Indian Head (en galego: "cabeza india") é unha moeda dese valor facial emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1859 e 1909. Foi deseñada por James Barton Longacre, gravador xefe da Ceca de Filadelfia.

De 1793 a 1857, o centavo fora unha moeda de cobre do tamaño aproximado do medio dólar. A descuberta de ouro en California provocou unha gran inflación dos prezos e, á medida que o ouro se facía máis abundante, o prezo do cobre subía. A fabricación de centavos e medios centavos supuña unha das poucas fontes de beneficio da Casa da Moeda e, cara a 1850, empezou a procurar alternativas para o incrementar. En 1857, a Casa da Moeda reduciu o tamaño do centavo e cambiou a súa composición a cuproníquel (un 12 % de níquel e un 88 % de cobre), emitindo un novo deseño, coñecido como centavo Flying Eagle, ao que axiña se lle procurou un substituto, dados os problemas que ocasionaba a súa cuñaxe.

En 1858, o modelo Flying Eagle foi substituído por un novo, caracterizado pola cabeza da Liberdade no seu anverso cun toucado indio, o que lle deu o nome de Indian Head. Pola súa banda, o reverso reproducía unha coroa de loureiro, que en 1860 foi substituída por unha de carballo e á que se lle engadiu un escudo.

Estes novos centavos foron acaparados durante o caos económico da guerra civil estadounidense, cando o níquel escaseaba. Ao ver que circulaban fichas de bronce emitidas de xeito privado, os responsables da Casa da Moeda induciron o Congreso a aprobar a Lei da Moeda de 1864, que autorizaba un centavo máis delgado de aliaxe de bronce.

Na posguerra, o centavo Indian Head fíxose moi popular e cuñouse en grandes cantidades a maioría dos anos. Unha excepción foi 1877, cando a mala situación económica e a escasa demanda de centavos deron lugar a unha das datas máis raras da serie. Coa chegada das máquinas expendedoras que funcionaban con moedas a finais do século XIX e principios do XX, producíronse aínda máis centavos, ata alcanzar os 100 millóns por primeira vez en 1907. En 1909, o centavo Indian Head foi substituído por un novo modelo, o centavo Lincoln, deseñado por Victor D. Brenner.

Antecedentes O centavo grande, con diámetro de entre 27 e 29 milímetros, cuñárase desde 1793 ata 1857.Yeoman, R. S. (2017). Páxina 99. Pretendíase que aquela moeda contivese arredor dun centavo de cobre, xa que a xente esperaba que as moedas tivesen un valor intrínseco próximo ao seu valor nominal. No entanto, por mor da cláusula constitucional que establecía que só o ouro e a prata eran de curso legal, o Goberno non aceptaba centavos de cobre para o pagamento de impostos e outras taxas. A principios da década de 1850, as flutuacións do prezo do cobre levaron a Casa da Moeda dos Estados Unidos a procurar alternativas, entre elas a redución do tamaño do centavo e a experimentación con composicións distintas ao cobre puro.Snow, R. (2009). Páxinas 7-8. O resultado foi o centavo Flying Eagle, do mesmo diámetro que o posterior centavo Lincoln —que circula aínda no século XXI—, pero algo máis groso e pesado, composto por un 88 % de cobre e un 12 % de níquel. O Flying Eagle cuñouse en cantidades limitadas a modo de proba en 1856, e logo xa para a circulación, en 1857 e 1858.Yeoman, R. S. (2017). Páxinas 114-115. miniatura|281x281px|O centavo Flying Eagle, antecesor do Indian Head, presentaba problemas de produción, o que motivou a súa substitución."1 Cent "Flying Eagle Cent"". Numista.com O centavo Flying Eagle emitírase en substitución das gastadas moedas de prata coloniais españolas que ata daquela circularan amplamente nos Estados Unidos, e tamén como recambio dos antigos centavos grandes de cobre puro que estaban en circulación. Mais en 1858, as autoridades da Casa da Moeda consideraron que a produción resultaba problemática, xa que os puntos máis sobresalientes de ambas as faces da moeda —a cabeza da aguia e a coroa— se opuñan entre si, e era difícil conseguir que o deseño resaltase completamente coa resistente aliaxe de cobre e níquel. O gravador xefe da Casa da Moeda, James B. Longacre, que deseñara o centavo Flying Eagle, recibiu daquela a encarga de desenvolver deseños alternativos. Elaborou un que amosaba unha aguia máis delgada, que non se oporía tanto á coroa do reverso, mais, aínda que iso tería solucionado o problema de produción, o deseño non gustou.Snow, R. (2009). Páxinas 21-23. Así as cousas, o director da Casa da Moeda, James Ross Snowden, suxeriu unha cabeza de Cristovo Colón como deseño do anverso, mais Longacre pensou que o público non aprobaría unha figura histórica nunha moeda estadounidense.Non obstante, Colón sería a primeira figura histórica nunha moeda estadounidense, en 1892, co medio dólar colombino.Taxay, D. (1983) . Páxina 239.

Inicio miniatura|163x163px|Anverso dunha peza colonial española de Carlos III de 1776 de dous reais ("dous bits"). Ceca de Potosí."2 Reales - Carlos III". Numista.com En 1858, a Casa da Moeda probou novos deseños para o centavo.Lange, D. W. (2006). Páxina 94. Cuñáronse entre 60 e 100 xogos de doce moedas de proba, entre elas o anverso estándar do daquela vixente Flying Eagle, outro coa versión da aguia reducida, outro co deseño da cabeza india da Liberdade... e tamén catro propostas diferentes de coroas vexetais para o reverso. O director Snowden debía elixir o deseño que se comezaría a cuñar en 1859 a partir desas probas, e algúns dos xogos tamén se venderon a coleccionistas.Esta venda causoulle máis tarde dificultades a Snowden, cando se correu a voz entre a comunidade numismática, que comezou a enviar á Casa da Moeda solicitudes de compra de probas numismáticas. Véxase Snow, R. (2009). Páxina 223.Breen, W. (1988). Páxina 217.Snow, R. (2009). Páxina 242.

Coñécese que as probas co deseño da cabeza india debían estar preparadas no mes de abril, xa que o 12 dese mes, un tal Mr. Howard escribiu a Snowden dicíndolle que sabía "que na Casa da Moeda se cuñou unha nova proba para o centavo cunha cabeza parecida á da peza de cinco dólares e no reverso un escudo na parte superior da coroa de oliveira e carballo", e solicitaba adquirir un exemplar.Snow, R. (2009). Páxina 25. Outros numismáticos tamén buscaban as súas pezas: R. Coulton Davis, un farmacéutico de Filadelfia vinculado á Casa da Moeda, escribiu tamén a Snowden en xuño para o informar dun artigo favorable nun xornal de Boston, e Augustus B. Sage escribía igualmente ao director da Casa da Moeda o mesmo mes, para lle solicitar un exemplar para el e outro para a American Numismatic Society, que se acababa de fundar.Snowden mandou recuñar varias probas. Na época, o director da US Mint buscaba medallas co busto de George Washington para a colección numismática da ceca, e con frecuencia cambiaba por elas probas numismáticas de anos anteriores que se recuñaban ad hoc, o que inquietaba os coleccionistas e comerciantes, que vían como se desvalorizaban as pezas raras que posuían. Véxse Snow, R. (2009). Páxina 224.

Segundo o investigador numismático Walter Breen, o máis probable é que Snowden elixise a combinación da cabeza india e a coroa de loureiro porque tiña o relevo máis baixo de todas as opcións, e podía esperarse que non ofrecese problemas para a cuñaxe, como sucedía co modelo anterior.

O 4 de novembro de 1858, Snowden escribiu ao secretario do Tesouro, Howell Cobb, acerca do deseño da cabeza india, e dous días despois escribiu a Longacre para o informar de que ese era o deseño aprobado. Longacre debía preparar os cuños necesarios para a produción, que debía comezar o 1 de xaneiro de 1859.Snow, R. (2009). Páxinas 25-26.

Deseño miniatura|James B. Longacre, creador do deseño do centavo Indian HEad."James Barton Longacre". National Portrait Gallery. Smithsonian Institution.|290x290px Longacre defendeu o seu deseño da cabeza india nunha carta de 21 de agosto de 1858 a Snowden: Segundo unha lenda numismática, os trazos faciais da deusa Liberdade no anverso do centavo Indian Head baseáronse nos de Sarah, a filla de Longacre; cóntase que un día estaba ela nas instalacións da ceca cando probou o toucado dun dos nativos americanos que estaban de visita, e o seu pai aproveitou para a debuxar. Porén, Sarah Longacre tiña 30 anos e casara en 1858, e non tiña 12 anos, como reza a lenda, e o propio Longacre declarou que o rostro estaba baseado na estatua "Afrodita en crequenas", que daquela se expuña no Museo de Filadelfia, prestada polo Vaticano. Longacre debuxaba adoito a súa filla máis vella, e hai semellanzas entre as representacións de Sarah e as diversas representacións da Liberdade nas súas moedas da década de 1850. Ao parecer, estas historias existían na época, xa que Snowden, escribíndolle ao secretario do Tesouro Howell Cobb en novembro de 1858, negou que a moeda estivese baseada "en ningún trazo humano da familia Longacre".Breen, W. (1988). Páxinas 217-218. Lee F. McKenzie, no seu artigo de 1991 sobre Longacre, sinala que calquera artista pode estar influído por moitas cousas, pero cualifica a historia de "esencialmente falsa".McKenzie, L. F. (1991). Páxina 1.890.miniatura|300x300px|Esbozo de Longacre para o centavo Indian Head. miniatura|300x300px|Esbozo de Longacre para o centavo cun deseño alternativo non adoptado. Independentemente de quen posara para Longacre, os trazos faciais do indio son esencialmente caucásicos, o que significa que unha muller caucásica leva o toucado dun home nativo americano. En 1854, Longacre deseñara a moeda de tres dólares cunha muller de trazos similares —tamén presumiblemente baseada na escultura do museo— pero cun toucado máis extravagante, e adaptou ese mesmo deseño para o dólar de ouro. Os funcionarios eran conscientes desta licenza artística no momento da emisión; Snowden, na súa carta de novembro de 1858 a Cobb, caracteriza así as dúas moedas anteriores: "os artistas da Casa da Moeda evidentemente non se decataron da absurda incongruencia de colocar este atributo tan masculino do valente guerreiro na cabeza dunha muller".Snow, R. (2009). Páxina 26. Longacre non sería o derradeiro en xustapor os trazos dunha muller branca cun toucado indio reservado aos homes, xa que Augustus Saint-Gaudens, para a moeda de 10 dólares Indian Head (1907), realizou un deseño similar. Emisións posteriores representan indios máis exactos, como as moedas de ouro con cabeza india de Bela Lyon Pratt (1908), a moeda de 5 centavos Buffalo (1913), de James Earle Fraser, que traballou a partir de modelos nativos americanos, e o medio dólar conmemorativo do Oregon Trail (1926), deseñado por James Earle Fraser e a súa esposa Laura Gardin Fraser.Snow, R. (2009). Páxinas 26-27.Breen, W. (1988). Páxina 256.

O historiador da arte Cornelius Vermeule tiña sentimentos encontrados acerca do centavo Indian Head: "Longacre enriqueceu a mitoloxía da moeda estadounidense dun xeito agradable, aínda que sen pretensións. Tendo en conta os seus deseños do medio dólar de 1859, podería telo feito peor". Noutra comparación, Vermeule suxería que:Vermeule, C. (1971). Páxina 57.

Produción

Redeseño e excedentes (1859-1861)