Anne Rice, nada en Nova Orleáns, Luisiana, o 4 de outubro de 1941 e finada o 11 de decembro de 2021,Anne Rice deat at 80 foi unha escritora estadounidense.
Traxectoria Nada baixo o nome de Howard Allen O'Brien, dende pequena cambiou o seu nome a "Anne". Casou co defunto poeta e pintor Stan Rice en 1961, con quen tivo dous fillos, Michele en 1966 e que morreu de leucemia aos 5 anos de idade e o famoso escritor gai Christopher Rice (nado en 1978).
Dende pequena estivo interesada por temas de vampiros e bruxas. Na súa carreira coma escritora, tamén publicou cos pseudónimos Anne Rampling e A.N. Roquelaure, este último nos seus primeiros anos e para temas máis orientados a adultos. Os seus libros escritos baixo estes pseudónimos conteñen constantemente mesturas do horroroso co luxurioso, destacándose nas súas historias de ficción os sentimentos homoeróticos que senten os seus personaxes.
O seu primeiro libro, Interview With The Vampire escribiuno en 1973 e publicouse en 1976. No ano 1994 Neil Jordan realizou unha película baseada no libro e protagonizada por Tom Cruise e Brad Pitt e anos máis tarde realizouse outra película sobre o terceiro libro da serie The Vampire Chronicles, chamada Queen Of The Damned. O segundo libro da saga, Lestat, The Vampire converteuse nun musical de Broadway.
En decembro de 1998 a Rice diagnosticóuselle diabetes mellitus cando entrou nun coma diabético. Desde que empezou a tratar a súa condición con insulina, Rice foi unha activista para que a xente faga exames para diagnosticar a diabetes.
O 30 de xaneiro de 2004, Anne Rice anunciou que deixaría Nova Orleáns para mudarse ao suburbio de Jefferson Parish, Luisiana. Viviu soa desde a morte do seu esposo e a mudanza do seu fillo a outro estado.
Última etapa Nos seus últimos anos a popularidade de Anne Rice decreceu bastante, en parte polas malas acollidas da crítica literaria ás súas últimas obras. As obras finais, como Blood and Gold, a biografía dun dos seus personaxes máis queridos por ela e polos lectores, Marius, non tivo éxito de vendas, en parte debido á reciclaxe intelectual que a propia autora fixo dos seus libros.
Con este feito, finalizou a saga de The Vampire Chronicles e a de As bruxas de Mayfair sendo o último libro da serie Blood Canticle.
Libros The Vampire Chronicles miniatura|Portada de Interview With the Vampire.Interview With The Vampire (1976) Lestat, The Vampire (1985) Queen Of The Damned (1988) The Tale of the Body Thief (1992) Memnoch the Devil (1995) The vampire Armand (1998) Merrick (2000) Blood and Gold (2001) Blackwood Farm (2002) Blood Canticle (2003)
Novos contos de vampiros Pandora (1998) Vittorio (1999)
As bruxas de Mayfair The Witching Hour (1990) Lasher (1993) Taltos (1994)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina Oficial de Anne Rice (en inglés)
Rice, Anne Rice, Anne Categoría:Nados en Nova Orleáns, Luisiana Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 2021