María Jesús Novo Gómez é unha política galega do PPdeG.

Traxectoria Nas eleccións municipais de 2015 foi elixida concelleira de Boimorto polo PPdeG na lista encabezada por Gonzalo Concheiro. Foi primeira tenente de alcalde e portavoz do PPdeG. En maio de 2016 Concheiro dimitiu ao ser investigado pola súa presunta implicación nunha fraude,Dimite o alcalde de Boimorto nove meses despois da censura por presunta implicación nunha estafa praza.gal, 12/05/2016 sendo sucedido na alcaldía por María Jesús Novo. Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a lista do PPdeG e foi elixida alcaldesa de Boimorto por maioría absoluta.

En xaneiro de 2021, renunciou á militancia no PPdeG mais seguiu no cargo, logo dunha polémica pola súa vacinación contra a COVID-19, ao saltarse a quenda de vacinación e facelo nunha residencia municipal sen ser traballadora. Nas municipais de 2023 volveu encabezar a candidatura do PPdeG como independente,La alcaldesa de Boimorto liderará como independiente la candidatura del PPdeG, del que se dio de baja tras su polémica vacunación contra el covid e volveu ser elixida alcaldesa con maioría absoluta.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Boimorto

Ligazóns externas La alcaldesa de Boimorto (A Coruña), que salió del PP tras su polémica vacunación de la covid, será su candidata en mayo

Categoría:Alcaldes de Boimorto Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG