Margaret Mary Murnane, nada en 1959 no Condado de Limerick (Irlanda), é unha científica especializada na área de física óptica e nanociencia.
Traxectoria A primeira influencia científica de Murnane foi o seu pai, un profesor de primaria amante das ciencias. En 1977, Murnane comezou a asistir ao Cork University College e licenciouse en física. Os seus profesores en Cork animárona a cursar un doutoramento, o que daquela requiría estudos nos Estados Unidos.Tinsley H. Davis. Profile of Margaret M. Murnane (en inglés) PNAS vol. 103, nº 36. Consultado o 29 de xaneiro de 2014.
Murnane cursaría primeiro un máster en física na mesma universidade xa que era reticente a abandonar Irlanda. Logo escolleu a Universidade de California en Berkeley polo seu interese polos láseres.Murnane M. M., Kapteyn H. C., Rosen M. D., Falcone R. W. Ultrafast X-ray Pulses from Laser-Produced Plasmas (en inglés) (1991) Science 251:531–536. Consultado o 29 de xaneiro de 2014.
Outras colaboracións Murnane serviu e presidiu o Comité da Sociedade Americana de Física sobre o Estatuto da Muller na Física. E participou no Site Visit Team para mellorar a condición das mulleres en física durante máis dunha década, presidindo o programa durante tres anos co obxectivo de axudar na captación e retención de alumnas e profesoras dentro da área de física.Tinsley H. Davis. Profile of Margaret M. Murnane (en inglés) PNAS vol. 103, nº 36. Consultado o 29 de xaneiro de 2014.
Recoñecementos
Doutora honoris causa pola Universidade de Salamanca
Notas Categoría:Alumnos da Universidade de California, Berkeley Categoría:Físicos de Irlanda Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados no condado de Limerick Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Salamanca Categoría:Personalidades sen imaxes