Nature Communications é unha revista científica publicada por Nature Portfolio dende 2010. É unha revista multidisciplinar e cobre as ciencias naturais, incluíndo física, química, ciencias da Terra, medicina e bioloxía. A revista ten oficinas de editorial en Londres, Berlín, Nova York e Shanghai.
A editora en xefe fundadora da revista foi Lesley Anson,Announcing Nature Communications - a multidisciplinary, online-only journal with an open-access option, Press release from Nature Publishing Group. seguida por Joerg Heber, Magdalena Skipper e Elisa De Ranieri. No ano 2022, os editores eran Nathalie Le Bot para as áreas de saúde e ciencia clínica, Stephane Larochelle por ciencias da bioloxía, Enda Bergin para química e biotecnoloxía e Prabhjot Saini para física e ciencias da Terra. Dende outubro de 2014, a revista só acepta artigos de autores dispostos a pagar un cargo por procesamento de artigos. Ata finais de 2015, parte dos envíos publicados só estaban dispoñibles para os subscritores. En xaneiro de 2016, todo o contido pasou a ser de libre acceso.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Revistas científicas