Mark Haddon, nado en Northampton, Northamptonshire, Reino Unido, o 28 de outubro de 1962, é un escritor, ilustrador e pintor inglés.
Escribiu numerosos libros infantís e contos para nenos que ilustrou el mesmo, e unha colección de poemas. Tamén participou na creación de guións para series de televisión e películas. Traballou durante un tempo con persoas con limitacións físicas e intelectuais, o que lle axudou a crear a súa primeira novela O curioso incidente do can á medianoite, publicada en lingua galega por Rinoceronte Editora en 2008.
Traxectoria
Formación Estudou literatura inglesa no Merton College de Oxford, rematando os seus estudos na Universidade de Edimburgo.
Actividade profesional, alén de escritor Ensina literatura creativa na Universidade de Oxford e na Fundación Arvon, e dedícase á pintura abstracta.
Durante un tempo, Haddon traballou con persoas con discapacidade física e intelectual, feito que lle valeu a interpretación do personaxe principal na súa primeira novela destinada ao lector adulto.
Vida persoal Haddon é vexetariano. Descríbese a si mesmo como un "ateo de liña dura."
Haddon vive en Oxford coa súa muller Sos Eltis, membro do Brasenose College de Oxford, e os seus dous fillos.
Obras
Novelas traducidas ao galego
O curioso incidente do can a medianoite (2008) Rinoceronte Editora. ISBN 978-84-936101-7-3
Novelas traducidas ao castelán
Un pequeño inconveniente (2006) Alfaguara, ISBN 978-84-204-7211-9 El hundimiento del muelle (2018) Malpaso, ISBN 978-84-17081-55-3
Versións orixinais en inglés
Gilbert's Gobstopper (1987) Toni and the Tomato Soup (1988) A Narrow Escape for Princess Sharon (1989) Agent Z Meets the Masked Crusader (1993) Titch Johnson, Almost World Champion (1993) Agent Z Goes Wild (1994) At Home At Playgroup In the Garden On Holiday Gridzbi Spudvetch! (1992) The Real Porky Philips (1994) Agent Z and the Penguin from Mars (1995) The Sea of Tranquility (1996) Secret Agent Handbook Agent Z and the Killer Bananas (2001) Ocean Star Express (2001) The Ice Bear's Cave (2002) The Curious Incident of the Dog in the Night-Time (2003) Boom! (An improved version of Gridzbi Spudvetch) (2009)
Para adultos
The Curious Incident of the Dog in the Night-Time (2003) A Spot of Bother (2006) The Red House (2012) The Pier Falls (2016) The Porpoise (2019) Social Distance (historia gráfica curta, 2020)
Poesía
The Talking Horse and the Sad Girl and the Village Under the Sea
Teatro
Polar Bears (2010)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Web oficial
Categoría:Nados en 1962 Categoría:Ilustradores do Reino Unido Categoría:Escritores de literatura infantil de Inglaterra Categoría:Novelistas do Reino Unido