Lunar Orbiter 5 foi unha sonda espacial da NASA lanzada o 1 de agosto de 1967 mediante un foguete Atlas SLV-3 Agena D desde Cabo Cañaveral cara a Lúa.

Características Lunar Orbiter 5 foi unha sonda do programa Lunar Orbiter para fotografar partes do lado oculto da Lúa e facer un estudo xeral da mesma. Tamén levaba a bordo medidores de intensidade da radiación e de impacto de micrometeoritos e foi usada para probar a rede de seguimento e localización do proxecto Apollo.

Lunar Orbiter 5 foi inxectada nunha órbita cislunar o 5 de agosto de 1967, chegando á Lúa e colocándose nunha órbita elíptica cun periapse inicial de 194,5 km e un apoapse inicial de 6023 km, cunha inclinación de 85° e un período de 8 horas e 30 minutos.

A nave tomou fotografías entre o 6 e o 18 de agosto, transmitíndoas a terra ata o 27 de agosto. Tomou 633 imaxes de alta resolución e 211 de resolución media. A nave foi enviada a impactar contra a superficie lunar o 31 de xaneiro de 1968, usándose para probas de seguimento.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Programa Lunar Orbiter Atlas SLV-3 Agena D Lunar Orbiter 1 Lunar Orbiter 2 Lunar Orbiter 3 Lunar Orbiter 4

Categoría:Programa Lunar Orbiter