Anthony Polite, nado o 21 de xuño de 1997 en Lugano, no cantón de Tesino, é un xogador de baloncesto profesional suízo. Formado na Universidade de Florida State, actualmente xoga no Río Breogán da Liga ACB. Cunha altura de 1,98 m, ocupa a posición de ala.

Traxectoria Anthony Polite naceu en Lugano, no cantón suízo de Tesino, onde o seu pai xogaba ao baloncesto profesionalmente. Alí medrou xogando ao fútbol. Cando chegou á ideade para acudir á escola secundaria, trasládase aos Estados Unidos para asistir ao Saint Andrew's School de Boca Raton, Florida. Como alumno de último ano, Polite fixo unha media de 20 puntos e 11,7 rebotes por xogo, gañando o galardón a Xogador do Ano. Após finalizar o instituto, comprometeuse a xogar ao baloncesto universitario para Florida State rexeitando unha oferta de Miami (Florida). Polite utilizou un ano de redshirt na súa primeira temporada en Florida State debido a lesións nos xeonllos. Como estudante de primeiro ano, tivo unha media de 2,7 puntos por partido. Na segunda temporada fixo unha media de 5,8 puntos por encontro, conseguindo o 22 de marzo de 2021, anotou unha marca persoal de 22 puntos na vitoria de 71-53 sobre Colorado na segunda rolda do torneo da NCAA. Como estudante de terceiro ano, Polite fixo unnha media de 10,1 puntos e 4,5 rebotes por partido, cunha porcentaxe de acerto do 43,6% nos lanzamentos de tres puntos. O 5 de abril de 2022, Polite declarouse elixíbel para o draft da NBA de 2022, renunciando á súa elegibilidade universitaria restante.

Após non ser drafteado, o 13 de xullo de 2022 aina polo ASVEL Lyon-Villeurbanne da LNB Pro A e a Euroliga. Alí permanece sen moitos minutos de xogo até que o 14 de xaneiro asina polo Hamburg Towers da Basketball Bundesliga e a EuroCup. No equipo alemán destaca tanto na competición doméstica, con 13,2 puntos e 5,2 rebotes por partido, como na europea, con 15,6 puntos por xogo. Tras finalizar a temporada asina polo Río Breogán da Liga ACB e a Basketball Champions League.

Clubs Ao longo da súa carreira, Polite ten xogado para os seguintes equipos profesionais: ASVEL (Pro A / Euroliga, 2022−2023) Hamburg Towers (BBL / EuroCup, 2023) Río Breogán (ACB / BCL, 2023−presente)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Proballers Perfil na páxina web da Euroliga Perfil na páxina web da EuroCup

Categoría:Nados en 1997 Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Nados no cantón de Tesino Categoría:Xogadores de baloncesto de Suíza Categoría:Xogadores do ASVEL Lyon-Villeurbanne Categoría:Xogadores do Hamburg Towers‎ Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB