Anthony Swiatek, nado en Brooklyn, Nova York, o 31 de xullo de 1941, é un numismático estadounidense.

Traxectoria Swiatek licenciouse no City College de Nova York en 1969, e acadou un mestrado na mesma universidade en 1972.

Entre 1969 e 1979 traballou como profesor en Brooklin, actividade que compaxinaba co comercio numismático. En 1979 abandonou a súa carreira docente para se dedicar por completo á numismática.Smith, P. (2012).

Como autor, os seus traballos céntranse sinaladamente nas moedas conmemorativas do seu país. Foi presidente da Society for U. S. Commemorative Coins e membro da xunta directiva do Numismatic Literary Guild. En 1991 foi elixido membro da xunta de goberno da American Numismatic Association (ANA), entidade que presidiu entre 1997 e 1999."ANA Presidents 1891 to the Present". American Numismatic Association.

Recoñecementos Estes son algúns dos premios máis salientables dos que Anthony Swiatek foi merecedor ao longo da súa carreira:"ANA Past Award Recipients". American Numismatic Association. 1990: Medalla ao mérito da American Numismatic Association (ANA). 1993: Nomeado Embaixador Numismático pola revista Numismatic News. 1993: Premio Embaixador Numismático, de Florida United Numismatists (FUN)."Numismatic Ambassador Award Winners". Florida United Numismatists (FUN). 1998: Century Cup, da ANA. 2001: Glenn Smedley Memorial, da ANA. 2002: Premio Farran Zerbe Memorial, da ANA. 2008: Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild."The Clemy Award Winners ". Numismatic Literary Guild. 2012: Premio Robert Friedberg, do Gremio de Numismáticos Profesionais dos Estados Unidos."Robert Friedberg Award". Professional Numismatists Guild (PNGdealers.org). 2016: Premio á Traxectoria, da ANA.

Publicacións Anthony Swiatek foi colaborador habitual de diversas revistas numismáticas estadounidenses, como Coin World, COINage e Coins Magazine, onde publicou os seus artigos. Estes son os principais traballos monográficos publicados por el ao longo da súa traxectoria:"Swiatek, Anthony". WorldCat.org

(1981). Encyclopaedia of United States Silver and Gold Commemorative Coins, 1892-1954 (con W. Breen). Arco Pub. ISBN 978-0668047654 (1983). The Walking Liberty Half Dollar. S. J. Durst. ISBN 978-0317273861 (2001). Commemorative Coins of the United States. Coin World Almanac. ISBN 978-0944945377 (2012). Encyclopedia of the Commemorative Coins of the United States. KWS Pub., Chicago. ISBN 978-0981773674

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Smith, P. (2012). "Swiatek, Anthony". En American Numismatic Biographies. Páxina 405.

Ligazóns externas

Vídeo: ANA Numismatic Personality: Anthony Swiatek

Categoría:Nados en 1941 Categoría:Nados en Brooklyn Categoría:Alumnos do City College de Nova York Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados co premio Clemy Categoría:Galardoados co premio Robert Friedberg Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Personalidades sen imaxes