Beatriz Liz de Cea, nada en Vigo en 1977, é unha historiadora da arte galega.
Traxectoria Licenciouse en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, coa especialidade de Patrimonio Histórico-Artístico. É investigadora e comisaria de exposicións, como a mostra Francisco Fernández del Riego. Nos vieiros da arte galega (2021).
Obra
Xoias da Colección Álvarez. Esplendor cerámico de Vigo: Casa das Artes do 18 de febreiro ao 18 de abril de 2010 (2010). Con Xan Carmona Badía. Concello de Vigo. ISBN 978-84-92425-17-4. Catálogo de 1937. A colección de arte rexional na creación do Museo Quiñones de León (2018). Concello de Vigo. 100 páxs. ISBN 978-84-92425-35-8. Don Paco. Letras para a arte galega (2023). Vigo: Galaxia. 146 páxs. ISBN 978-84-9151-999-7. Manuel Colmeiro nas coleccións de arte do Concello de Vigo (2023). Con José Joaquín Ballesta de Diego. Concello de Vigo. 476 páxs. ISBN 978-84-92425-44-0.
Libros colectivos
miniatura|Falando de Francisco Fernández del Riego na Festa do Libros de Pontevedra, 2023, con Pepe Carreiro, Antón Mascato, Ramón Nicolás, Malores Villanueva e Malós CabreraFrancisco Fernández del Riego. Nos vieiros da arte galega (2021). Concello de Vigo. 152 páxs. ISBN 978-84-92425-42-6. Notas
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1977