A Área de conservación Guanacaste é unha rede de áreas protexidas e Patrimonio da Humanidade da UNESCO na Provincia de Guanacaste, no noroeste de Costa Rica. O Patrimonio da Humanidade contén unha extensión ininterrompida de bosque tropical seco e un hábitat importante para varias especies vulnerables, incluíndo o Tapir de Baird, o Colibrí do mangleiral e o Gran guacamaio verde. No parque localizáronse máis de 7.000 especies de plantas e 900 de vertebrados.
Xeografía A superficie dos parques nacionais combinados suma 1470 km² desde 2004. Isto reflicte un proceso de crecemento a longo prazo, que comezou co establecemento do Parque Nacional de Santa Rosa en 1971. Durante varias décadas, compráronse terras circundantes e os parques nacionais próximos conectaronse á crecente área protexida, polo que a Área de Conservación de Guanacaste chegou a abarcar unha gran diversidade de bosque seco tropical, selva tropical, bosque nubrado e hábitats mariños. O parque contén preto de dous terzos dos animais en perigo de extinción de Costa Rica.
Formalmente pasou a formar parte do Sistema Nacional de Áreas de Conservación—SINAC en 1994, e do Patrimonio da Humanidade en 1999. En 2004, o Patrimonio da Humanidade ampliouse cunha propiedade privada que mide 15.000 ha na selva tropical de Santa Elena.
Elementos O Patrimonio da Humanidade inclúe: Parque Nacional de Santa Rosa Parque Nacional de Guanacaste Parque Nacional Volcán Rincón de la Vieja Refuxio de Vida Silvestre de Baía Junquillal
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Patrimonio da Humanidade en Costa Rica Ligazóns externas Ficha do sitio na UNESCO (en inglés e francés). Sitio web do Área de Conservación Guanacaste
Categoría:Patrimonio da Humanidade en Costa Rica