Rouco Son é unha revista musical galega, centrada na música rock, punk e metal feita en Galicia. Ademais da súa versión en liña, entre 2021 e 2023 contou cunha edición mensual en papel editada por Liexga Media.
Historia A revista foi fundada en xullo de 2021 en Santiago de Compostela. Dende a súa creación, a edición en papel da mesma estivo dirixida por Javier Carnota, con Jacobo Mouriño Almeida como coordinador de contidos. Dende o ano 2024 realiza diversas colaboracións co semanario Sermos Galiza de Nós Diario, incluíndo unha recensión mensual dende xaneiro de 2025.
A publicación esta centrada especialmente na música emerxente e de base.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas Páxina web
Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Revistas en lingua galega Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela