O Narcissus rupicola é unha especie de planta da familia das amarilidáceas. miniatura|240x240px|Detalle da flor.
Descrición Ten entre 8 e 20 cm de altura. O seu talo xorde do bulbo subterráneo do que igualmente xorden as follas, de até 3 mm de anchas, longas e con dúas liñas resaltadas por abaixo. A flor, ou até 3 flores por bulbo ás veces, xorden na primavera, (e no verán nas alturas das serras, onde medra até grande altura), de cor amarela forte, máis erectas que outras do xénero. As pezas florais externas ábrense totalmente, anchas e redondeadas, e as internas igualmente soldadas, forman unha coroa acampanada curta. O froito desenvólvese avultando considerablemente o ovario ao final do longo tubo que forma a flor, na súa conexión co talo.
Distribución e hábitat No centro da Península Ibérica. Medra en lugares rochosos, nas repisas e fisuras das penas, onde aparentemente non hai substrato vexetal.
Taxonomía Narcissus rupicola foi descrita por Dufour en J.J.Roemer & J.A.Schultes e publicado en Syst. Veg. 7: 958 no ano 1830.: N. rupicola
Etimoloxía
Narcissus nome xenérico que fai referencia do mozo narcisista da mitoloxía grega Νάρκισσος (Narkissos) fillo do deus río Cephissus e da ninfa Leiriope; que se distinguía pola súa beleza.
O nome deriva da palabra grega: ναρκὰο, narkào (= narcótico) e refírese ao cheiro penetrante e embriagante das flores dalgunhas especies (algúns sosteñen que a palabra deriva da palabra persa نرگس e que se pronuncia Nargis, que indica que esta planta é embriagadora).
rupicola: epíteto latino que significa "con hábitat nas rocas".En Epítetos Botánicos
Variedades aceptadas
Narcissus rupicola subsp. marvieri (Jahand. & Maire) Maire & Weiller, in Fl. Afr. Nord 6: 60 (1959). Narcissus rupicola subsp. rupicola. Narcissus rupicola subsp. watieri (Maire) Maire & Weiller, in Fl. Afr. Nord 6: 61 (1959).
Sinonimia
Narcissus auricolor Rivas Goday Narcissus juncifolius subsp. rupicola (Dufour) Baker Narcissus rupicola subsp. auricolor (Rivas Goday) Rivas Goday Philogyne rupicola (Dufour) M.Roem.Narcissus rupicola en PlantList
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Terminoloxía descritiva das plantas Cronoloxía da botánica Historia da Botánica Características das amarillidáceas
Ligazóns externas J. A. Schultes & J. H. Schultes, Syst. veg. 7(2):958. 1830 : N. rupicola.
Categoría:Plantas bulbosas Categoría:Flora da conca mediterránea Categoría:Narcissus Categoría:Flora de Galicia