Araujia sericifera Brot. é unha especie fanerógama pertencente á familia das apocináceas. Utilízase como planta ornamental. miniatura|Flores. miniatura|Ilustración miniatura|Típico froito antes de esparexer sementes
Distribución e hábitat miniatura|Oruga de bolboreta monarca en Araujia Esta planta é nativa de América do Sur. É considerada unha mala herba nociva en moitos ámbitos fóra da súa zona de distribución natural. Na Arxentina é autóctona nas provincias de Buenos Aires, Santa Fe, Entre Ríos, Corrientes e Misiones, onde o seu cultivo non só é apropiado, senón recomendado por atraer á bolboreta monarca (Danaus erippus). Ten un rápido crecemento de rubideira que pode cubrir un dosel de árbores en dous ou tres anos, competindo con algunhas árbores pola luz, a auga e os nutrientes. É un compoñente habitual de talares bonaerenses, e a súa floración bela e abundante fana un exemplar digno de ser cultivado.
Especie invasora Especie nativa de América do Sur, foi introducida en Europa e en moitas outras rexións como planta ornamental e actualmente é considerada daniña. A súa distribución actual esténdese máis aló da súa área orixinaria natural abarcando o sur de Europa, Suráfrica, América do Norte (California, Xeorxia), Australia e Nova Zelandia.Araujia sericifera - moth plant, Royal New Zealand Institute of Horticulture. Copied from Ian Popay, Paul Champion & Trevor James, An Illustrated Guide to Common Weeds of New Zealand. ISBN 0-473-09760-5.
España Debido ao seu potencial colonizador e constituír unha ameaza grave para as especies autóctonas, os hábitats ou os ecosistemas, esta especie foi incluída no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, regulado polo Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto, estando prohibida en España a súa introdución no medio natural, posesión, transporte, tráfico e comercio.
Taxonomía Araujia sericifera foi descrita por Félix de Avelar Brotero e publicada en Transactions of the Linnean Society of London 12: 62–70, pl. 4–5. 1818.
Etimoloxía
Araujia: nome xenérico que foi outorgado en honra do botánico portugués António Araújo de Azevedo, 1º Conde de Barca (1754-1817).
sericifera: epíteto latino que significa que "leva seda" e refírese aos seus pelos sedosos que rodean as sementes.
Sinonimia
Apocynum volubine Vell. Araujia albens (Mart.) G.Don 1837. Araujia calycina Decne. 1844. Araujia grandiflora (Mart.) Morong Ann. 1893. Araujia hortorum E.Fourn. 1885. Araujia sericifera f. calycina (Decne.) Malme 1909. Araujia sericifera f. hortorum (E.Fourn.) Malme 1909. Araujia sericifera var. hortorum (E.Fourn.) Malme 1900. Physianthus albens Mart. 1824.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Jepson Manual Treatment USDA Plants Profile Photo gallery
Categoría:Plantas descritas en 1818 Categoría:Plantas invasoras Categoría:Flora de América do Sur Categoría:Flora de Galicia