As Stolperstein (no plural, stolpersteine) son unha iniciativa do artista alemán Gunther Demnig iniciada en 1992, consistentes en pequenas placas de latón de 10x10 centímetros, colocadas no chan, que están destinadas a conmemorar o destino de persoas que foron perseguidas, asasinadas, deportadas, expulsadas ou levadas o suicidio durante o nazismo. Esta iniciativa estendeuse a máis de 30 países europeos, entre eles España, sendo considerado o monumento descentralizado máis grande do mundo. O 26 de maio de 2023, colocouse a stolperstein 100.000 na cidade alemá de Nüremberg. Dende o 19 de xullo de 2023, están presentes na cidade da Coruña, converténdose nas primeiras stolpersteine de Galicia.
Dende 2018, existe unha variación das stolpersteine denominadas pedras da memoria, adicadas a conmemorar especificamente as vítimas do franquismo, distinguense das stolpersteine pola súa cor prateada.
Antecedentes Co gallo do 50 aniversario da deportación de 1 000 sinti e romanís de Colonia, o 6 de maio de 1990, Demming trazou as rutas polas que foron deportados cun trazador; Para os nazis, a deportación de Colonia foi un "ensaio xeral" para a deportación de xudeus. O 16 de decembro de 1992, no 50 aniversario da orde de Himmler de deportar os "xitanos" (Decreto Auschwitz), colocou unha primeira placa de bronce inscrita no pavimento fronte o histórico concello de Colonia. As primeiras liñas do decreto poden ser lidas na pedra, e o corpo oco da pedra, contiña todo o texto. Ademais, Demming participou, con esta pedra que foi vandalizada e roubada por persoas descoñecidas no 2010, na discusión sobre o dereito a residencia dos romanies que fuxiran de Iugoslavia. O 21 de maio de 2013, Demming colocou unha nova pedra fronte o concello de Colonia.
Ribadeo alt=Colocación das pedras da memoria en Ribadeo|miniatura|Colocación das pedras da memoria en Ribadeo O 31 de marzo de 2022, unha volta recollidos datos de rexistros públicos como o portal Nomes e Voces, colocáronse 25 pedras da memoria en Ribadeo, ás que se xuntaron 14 máis o 1 de abril celebrándose ese día un acto oficial coa intervención do cronista oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez, e a proxección dun vídeo sobre os represaliados ribadenses, ó que asistiron familiares (se ben con posterioridade houbo unha queixa illada).
O 23 de xuño de 2025, presentouse no Concello de Ribadeo o libro Pedras da Memoria, que recolle as biografías de todos os homenaxeados con estas esculturas na vila. miniatura|Detalle das pedras da memoria no Parque de Ribadeo
A Coruña O 19 de xullo de 2023, A Coruña, nunha iniciativa conxunta do concello da cidade e máis a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica sumouse ó proxecto, coa colocación de 6 laxes de bronce de 10 x 10 cm para lembrar seis dos 17 deportados nesa cidade polo nazismo: Julio Martínez Arias, Leopoldo López Criado, Luis Rafales Lamarca, Eduardo Sánchez García, Adrián del Castillo Soutelo e Arturo García Lagares. miniatura|Exemplo de Stolpertein coa súa característica cor dourada. O acto contou coa presenza do artista creador da iniciativa, Gunter Demnig, quen instalou cada unha das pedras, familiares das vítimas, así como unha ampla representación política, encabezada por Inés Rey, alcaldesa da cidade, e representantes dos outros grupos políticos que acadaron representación na corporación local; Francisco Jorquera e Mercedes Queixas por parte do Bloque Nacionalista Galego e Roberto Rodríguez por parte do Partido Popular. Tamén acudiu un nutrido grupo de cidadáns, entre eles, personalidades como Manuel Rivas.
O día anterior, o Concello e a ARMH presentaran na Casa Museo Casares Quiroga, o libro recopilatorio das historias dos deportados coruñeses a campos de concentración nazis NomeEnderezoTextoJulio Martínez AriasRúa Porta de Aires, 11Leopoldo López CriadoRúa Santiago, 15Luis Rafales LamarcaRúa Varela Silvari, 4Eduardo Sánchez GarcíaCampo de Artillería, 12Adrián del Castillo SouteloRúa Santo André, 169Arturo García LagaresRúa Santo André, 38 Con posterioridade, foron colocados as 11 pedras restantes ata completar a homenaxe a todos os deportados, así o 29 de setembro de 2023 foi colocado o de Juan González del Valle, e ao longo de febreiro de 2025 colocaronse os restantes, pertencentes a Víctor San Miguel Prado, Víctor Manuel Conde Núñez, Martín Ferreiro Álvarez, Adolfo Bregua Mouriño, José Albedro Villaverde, Clemente Juan de la Cruz García, José Martínez Cacheiro, Manuel Fernández Tárrago, Francisco Tallón Charlón e Enrique Tallón Charlón.
O día 8 de maio de 2024, o Concello e a ARMH presentaron unha web xeral onde se recolle a información sobre os deportados coruñeses, así como numeroso material complementario que explica a súa historia
O 26 de xaneiro de 2026, o Concello e a ARMH presentaron unha guía turística que mestura os stolpersteine instalados con lugares da Coruña nos anos 30. +NomeEnderezoTextoJuan González del ValleRúa Padre Feijoo, 3AQUÍ NACEU/JUAN/GONZÁLEZ DEL VALLE/NACIDO 1898/ ENILIADO FRANCIA/DEPORTADO 1940/ MAUTHAUSEN/ ASASINADO 26.9.1941/ HARTHEIMVictor San Miguel PradoAvenida Santiago Rey Fernández Latorre, 134AQUÍ VIVIU/ VICTOR/ SAN MIGUEL PRADO/ NACIDO 1914/ EXILIADO FRANCIA/ DEPORTADO 1941/ MAUTHAUSEN/ ASASINADO 10.1.1942/ GUSENVictor Manuel Conde NúñezRúa Cabana, 5AQUÍ NACEU/ VÍCTOR MANUEL/ CONDE NÚÑEZ/ NACIDO 1903/ EXILIADO FRANCIA/ DEPORTADO 1941/ MAUTHAUSEN/ LIBERADOMartín Ferreiro ÁlvarezRúa Mariscal Pardo de Cela, 3AQUÍ VIVIU/ MARTÍN/ FERREIRO ÁLVAREZ/ NACIDO 1892/ EXILIADO FRANCIA/ DEPORTADO 1940/ MAUTHAUSEN/ ASASINADO 23.11.1941/ GUSENAdolfo Bregua MouriñoRúa Mallos, 98AQUÍ VIVIU/ ADOLFO/ BREGUA MOURIÑO/ NACIDO 1906/ EXILIADO FRANCIA/ DEPORTADO 1940/ MAUTHAUSEN/ LIBERADOJosé Albedro VillaverdePaseo de Ronda, 47NESTA RÚA VIVIU/ JOSÉ ALBEDRO/ VILLAVERDE/ NACIDO 1907/ EXILIADO FRANCIA/ DEPORTADO 1941/ MAUTHAUSEN/ ASASINADO 24.1.1943/ GUSENClemente Juan de la Cruz GarcíaTravesía María Victoria Fernández EspañaAQUÍ NACEU/ CLEMENTE JUAN/ DE LA CRUZ/ GARCÍA/ NACIDO 1910/ EXILIADO FRANCIA/ DEPORTADO 1940/ MAUTHAUSEN/ ASASINADO 29.9.1941/ HARTHEIMJosé Martínez CacheiroXubias de abaixoNESTE BARRIO NACEU/ JOSÉ/ MARTÍNEZ CACHEIRO/ NACIDO 1901/ EXILIADO FRANCIA/ DEPORTADO 1941/ MAUTHAUSEN/ ASASINADO 23.11.1941/ GUSENManuel Fernández TárragoPraza ParqueNESTE BARRIO NACEU/ MANUEL/ FERNÁNDEZ TÁRRAGO/ NACIDO 1924/DEPORTADO 1944/ DACHAU/ NEUENGAMME/ GROSS-ROSEN/ LIBERADO/ MITTELBAU-DORAFrancisco Tallón CharlónRúa Franja, 14NESTA RÚA NACEU/ FRANCISCO/TALLÓN CHARLÓN/ NACIDO 1916/ EXILIADO FRANCIA/ DEPORTADO 1941/ MAUTHAUSEN/ LIBERADOEnrique Tallón CharlónRúa Franja, 14NESTA RÚA NACEU/ ENRIQUE/ TALLÓN CHARLÓN/ NACIDO 1912/ EXILIADO FRANCIA/ DEPORTADO 1941/ MAUTHAUSEN/ ASASINADO 27.12.1941/ GUSEN
Nigrán O 27 de decembro de 2024 colocouse unha placa Stolperstein na rúa de Gaifar, parroquía de Panxón, en Nigrán na memoría de Jaime Martinez Pereira asasinado en 1941 no campo de concentración de Gusen (aledaño ao de Mauthausen) famoso polos afogamentos en tallas dos prisioneiros, pescador dunha familia humilde exiliouse a Francia fuxindo do franquismo ata que os nazis o apresaron.
Jaime foi un dos 300 galegos que foron internados e asasinados en campos de concentración naqueles anos polas súas motivacións políticas. Ó acto de memoria asistiu á súa sobriña Elvira Farias e representantes da asociación de veciños de Panxón así coma do alcalde socialista de Nigrán, Juan González.
Provincia de Lugo En maio de 2025, anunciouse que a ARMH estaba tramitando a colocación de 39 Stolpersteine na provincia de Lugo para honrar aos todos os deportados a campos de concentración nazi de toda esa provincia, en xaneiro de 2026, anunciaronse que entre o 29 de xaneiro e o 7 de febreiro colocarianse as primeiras 7 pedras en O Corgo, Outeiro de Rei, O Incio e As Nogais, en homenaxe a Rafael Pardo Vales, Victorino Díaz Hortas, Aurelio Díaz Hortas, Casto Martínez Parada, Balbino Santín Aira e Octavio López Reymondez, converténdose nas primeiras stolpersteine da provincia de Lugo
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
López Pérez, Ramón; Freire Sitjas, Miguel (2025). Pedras da Memoria. Ribadeo: Asociación para a recuperación da memoria histórica
Webs relacionadas deportados coruñeses
deportados Lugo
Outros artigos
Lista de galegos asasinados en Mauthausen
Categoría:Nazismo Categoría:Escultura