Gerardo Rodríguez Fernández, coñecido como Gerinaldo, nado no Barco de Valdeorras cara a 1904 e finado en Ourense o 11 de outubro de 1937, foi un carpinteiro e político galego.

Traxectoria Veciño de Vilanova de Valdeorras. Militante do PCE, era presidente do Sindicato Obrero y Campesino de Vilanova. Logo do triunfo da Fronte Popular foi nomeado concelleiro do Barco de Valdeorras. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi xulgado en consello de guerra por rebelión o 5 de agosto de 1937 co seu irmán Francisco Rodríguez Fernández,El Pueblo Gallego, 6-8-1937, p. 7. e condenado á pena de morte. Foi executado no Campo de Aragón o 11 de outubro de 1937 xunto con José Fernández Pérez, Severino Nóvoa Gutiérrez, Enrique Nanín Ansias e José González Tesouro.La Región, 12-10-1937, p. 3. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en xaneiro de 1938,BOP Ourense, 25-1-1938, p. 1. e foi sancionado ao pago de 100 pesetas en 1941.

Vida persoal Casou con Luisa Álvarez Fariñas, con quen tivo tres fillos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Expediente de responsabilidades políticas de Francisco Rodríguez Fernández e Gerardo Rodríguez Fernández.

Categoría:Políticos do PCE Categoría:Concelleiros do Barco de Valdeorras Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia

Categoría:Nados no Barco de Valdeorras

Categoría:Nados en 1904

Categoría:Finados en 1937