A Symphytum tuberosum é unha planta da familia das boraginaceae. miniatura|No seu hábitat. miniatura|Detalle das flores.

Descrición Planta vivaz, de 25 a 50 (60) cm, provista de rizomas tuberosos máis ou menos deformes. Talos pouco ramificados e pelosos. Follas lanceolado-oblongas, grandes (até 12 cm), estreitadas en pecíolo nada ou moi pouco decurrente; as superiores sentadas; as medias superan en tamaño ás inferiores. Flores tubulares de cor amarela pálida, con escamas na garganta. Lóbulos do cáliz cunha lonxitude 3 veces maior que o tubo. Ovario con tubérculos, estilo saínte e estames ocultos. Froito granuloso e brillante. Florece na primavera.

Hábitat Bosques caducifolios.

Distribución Gran parte de Europa excepto no norte, Portugal, Irlanda, Bélxica, Holanda.

Propiedades Symphytum tuberosum desempeñou un papel curativo na medicina natural ao longo dos séculos.Natural England Nestas curas tradicionais, as receitas utilizan as follas e as raíces , antigamente utilizábase para acelerar a curación das abrasións menores a través de ser aplicada directamente sobre a pel danada baixo unha compresa.Medicinal uses

Taxonomía Symphytum tuberosum foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 1: 136. 1753.

Etimoloxía

Symphytum: nome xenérico que deriva do grego sympho ou symphein = "medrar xuntos", e phyton = "planta", o nome symphytum foi utilizado por Dioscórides para esta planta que tiña fama de curar as feridas.En Nombres Botánicos

Notas

Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora de Europa Categoría:Flora de Galicia