A Xanela do Maxín é unha compañía de teatro de obxectos, monicreques e formas animadas, con sede en Brión, dirixida por Celtia Figueiras. Fundouse en 2007 en Esteiro (Muros).
Traxectoria
miniatura|Figuras da obra Chincha rabincha.
Iniciou o seu periplo profesional cunha primeira montaxe escénica titulada Chincha rabincha. Dende os seus inicios, a creación artística da Xanela do Maxín caracterízase pola fusión de diferentes disciplinas artísticas, como o teatro de monicreques, o teatro de actor/actriz, o teatro visual ou de obxectos, así como o uso de efectos lumínicos e escenográficos, o espazo sonoro coa música ao vivo. Esta pluridimensionalidade nas súas producións abarca diversas formas de expresión, o que levou a compañía a contar con profesionais especializados en cada un destes ámbitos ao longo dos anos.
A compañía enfócase principalmente á creación de espectáculos interdisciplinares dirixidos ao público infantil e familiar. Outra vertente da súa actividade artística é a produción audiovisual, levando a cabo proxectos como Os Toupiconsellos no ano 2020 ou Toupiciencia, no 2021. Textos teatrais da compañía como U-la lúa?, O Apalpador e a nena sen medo ou A viaxe de Saira foron adaptados a formato libro a través do selo Guindastre Edicións.
Montaxes teatrais Chincha rabincha (2007) En busca da arte (2008) Os libros do titiriteiro (2009) A caixa de Nuk (2009) A pequena Lúa (2009) O rei destronado (2010) Titeremusicontos (2010) O murmurio do mar (2013) A paz no peto (2013) Só lles falta falar (2014) Dondo (2014) A obra de Castelao en teatro de sombras (2016) Visita teatralizada Camilo José Cela (2016) As aventuras de Gale (2017) U-la Lúa? (2017) Gale, a historia da lingua (2018) O apalpador e a nena sen medo (2018) A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza (2019) Apalpador 3.0 (2019) U-la Lúa? na escola (2019) A viaxe de Saira (2020) A gárgola do mestre Mateo (2021) Saira 3.0 (2021) Leonardo e os biosbardos (2021) Toupiciencia Show (2022) Lúa quere viaxar a... Marte! (2022) Coliño (2023) Sorpresa! (2023) Babá-Bebé (2023) Supercoroza. Na eira e na lareira (2023) O apalpador e as palabras perdidas (2023) Confi, o golfiño Manoliño (2024) Pasando a Bóla, xogando para cambiar (2024) Inventoras con mentes curiosas (2024) De Castro a Villalta (2024) Rato Pérez (2024) Dende Rosalía ata as Cantareiras (2025)
Producións audiovisuais Os toupiconsellos (2020) Toupiciencia (2021)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sitio oficial
Xanela